Unhas xornadas exploran as posibilidades didácticas e pedagóxicas do xadrez

O xadrez como recurso didáctico e pedagóxico é o tema central dunhas xornadas que celebran nas instalacións da Piscina Universitaria ao longo de catro sesións entre os meses de abril e maio. Aínda que inicialmente dirixidas aos integrantes do propio centro compostelán, as xornadas están abertas tamén aos membros das demais titulacións da USC.
Con esta acción formativa búscase dar a coñecer o xadrez como recurso didáctico e impulsar experiencias educativas relativas ao seu uso. A través do ensino das técnicas básicas do xogo búscase potenciar a interacción entre os asistentes e achegar estratexias necesarias para empregar o xadrez como recurso educativo.
Esta actividade está recoñecida cun crédito de libre configuración para todas as titulacións. Na súa primeira edición matriculáronse vinte universitarios, quedando sen praza outros trinta, o que fai valorar ao seus promotores a posibilidade repetir a experiencia no futuro.