Unhas xornadas procuran mellorar a promoción da agricultura ecolóxica nos puntos de venda
Mellorar a comercialización dos produtos procedentes da agricultura ecolóxica e incrementar a súa presenza nos puntos de venda, son dous dos obxectivos cos que o Grupos GIS-T Idega organiza as xornadas ‘A agricultura ecolóxica nos puntos de venta’, a través do proxecto da USC www.granxafamiliar.com e da web www.galiciaautentica.org. O sector dos produtos ecolóxicos está experimentando unha importante auxe, segundos os promotores das xornadas, o que fai prever un aumento da demanda destes produtos e, paralelamente, un aumento do número de puntos de venda especializados ata niveis similares aos doutros países europeos como Francia ou Alemaña. Con estas xornadas perséguese ofrecer formación específica aos propietarios e empregados dos establecementos onde se venden estes produtos, co gallo de atender máis eficazmente aos consumidores. Deste xeito, os asistentes ás xornadas recibirán nocións sobre ferramentas e estratexias de mercadotecnia e venda que faciliten a presentación e a oferta dos produtos. A xornada celebrarase este xoves, día 16, a partir das 9:30 horas no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia.