Ir o contido principal

Os xornalistas Carlos Herrera, Pepa Bueno e Ernesto Sáenz de Buruaga debaten este xoves en Santiago sobre comunicación e política

Os condutores dos programas de mañá con máis audiencia da radio española, Carlos Herrera (Onda Cero), Pepa Bueno (SER) e Ernesto Sáenz de Buruaga (COPE), serán este xoves 25 os relatores dunha mesa redonda sobre medios de comunicación e política que se celebrará no Auditorio ABANCA (Preguntoiro, 23) ás 19:00 horas. O acto ten carácter aberto e enmárcase na axenda de traballo dos máis de 300 especialistas latinoamericanos que participan ata o día 27 no III Congreso Internacional en Comunicación Política e Estratexias de Campaña. Este encontro está organizado pola Asociación Latinoamericana de Investigadores en Campañas Electorais (ALICE) en colaboración coa USC e ABANCA. Ao longo destes catro días de encontro en Compostela, os especialistas dun lado e outro do Atlántico están a debater sobre a linguaxe e a rede en política, a reputación e a confianza nas institucións públicas, as estratexias de comunicación, a mercadotecnia política dende o exercicio do Goberno e a diferenza entre as campañas electorais e as campañas de primarias. Tamén se terá en conta o papel dos mozos investigadores na mercadotecnia política para gobernos e institucións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2014.