Ir o contido principal

Xosé Luis Otero Cepeda, campión de España de 10 quilómetros en ruta de veteráns

Xosé Luis Otero Cepeda, campión de España de 10 quilómetros en ruta de veteráns
Xosé Luis Otero Cepeda, campión de España de 10 quilómetros en ruta de veteráns

O atleta da Universidade de Santiago Xosé Luis Otero Cepeda proclamouse esta fin de semana en Castellón campión de España de 10 quilómetros en ruta de veteráns. Tamén esta fin de semana na Coruña tivo lugar campionato galego de atletismo nas categorías benxamín, alevín e infantil. Os deportistas da escola da USC conseguiron medallas de ouro nas súas respectivas disciplinas e categorías: os alevíns Martín Darriba Crespo e Claudia Fernández Couto Álvarez na proba de 500 metros lisos e Lucía Suárez Crespo nos 2.000 metros lisos de infantil. Os atletas Pablo Saa López, Gabriel Alfonsín Espín, Ana Carreira Casais, Paula Fernández Couto Álvarez, Ana Veiga Vázquez, Daniel Abeijón Dosil e Leo Cendán Malingret tamén tiveron unha magnífica actuación representando ao clube neste campionato.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2012.