Este xoves inaugúrase a décimo sétima edición do Máster en Administración Financeira e Tributaria
A XVII edición do Máster en Administración Financeira e Tributaria da Universidade de Santiago inaugúrase este xoves, día 11, cunha conferencia do profesor Luis Caramés Viéitez, catedrático de Facenda Pública e Sistemas Fiscais da USC e director do posgrao.
O relatorio, que versará sobre ‘Impostos e ideoloxía’, terá lugar ás 17:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.