Ir o contido principal

O xoves remata o prazo para inscribirse no curso de iniciación ao running e técnica de carreira

O xoves remata o prazo para inscribirse no curso de iniciación ao running e técnica de carreira
O xoves remata o prazo para inscribirse no curso de iniciación ao running e técnica de carreira

Cada ano xorden máis carreiras populares e cada vez é maior a afluencia de participantes, algúns atletas profesionais ou federados pero a maioría afeccionados ao deporte sen ningunha formación ou preparación específica. É por iso que a USC organiza para finais deste mes e decembro en Santiago o II Curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carreira.

Quen asista a este curso para maiores de 16 anos adquirirá en sete xornadas coñecementos sobre a adecuada práctica deportiva para as carreiras populares de entre 5 e 12 quilómetros así como métodos de adestramento, técnicas de carreira e estarricamentos. Os encargados de impartilo son Xavier Castro e Xiana Guerra, ambos licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e especializados no adestramento deportivo e no atletismo.

Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade deberán formalizar a súa inscrición a través da páxina web da Fundación USC Deportiva con data límite este xoves 19. Para a adxudicación da praza respectarase rigorosamente a orde de inscrición.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2015.