Ir o contido principal

Este xoves remata o prazo de inscrición no curso de iniciación ao running e técnica de carreira

A terceira edición do Curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carreira celebrarase este mes dirixido a corredores noveis maiores de 16 anos. O prazo para inscribirse remata este xoves 7.

Co organizado pola Fundación USC Deportiva e o Servizo de Deportes da USC, o seu programa inclúe un bloque teórico, os días 11, 13 e 15 de abril, e outro práctico os días 19, 21, 26 e 28, cunha duración de 6 horas cada bloque. O curso impartirano Xabier Castro e Xiana Guerra, ambos os dous licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte es especializados no adestramento deportivo e no atletismo.

O curso busca dar resposta á cada vez maior afección ás carreiras populares, nas que se xuntan atletas profesionais ou federados cun elevado número de afeccionados ao deporte sen ningún tipo de formación deportiva ou preparación específica. O alumnado participante adquirirá coñecementos sobre o adestramento e a adecuada práctica deportiva, con especial atención ás carreiras populares de entre 5 e 12 quilómetros e a súa preparación, así como métodos de adestramento, técnicas de carreira e estirada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.04.2016.