Ir o contido principal

Este xoves, segunda ruta de Camiño ao Gaiás

A ruta chega á Cidade da Cultura a través do Bosque de Galicia (Foto: Óscar Corral)
A ruta chega á Cidade da Cultura a través do Bosque de Galicia (Foto: Óscar Corral)

O pasado 7 de xullo deu comezo unha nova edición do programa ‘Camiño ao Gaiás’ que organiza a Fundación Cidade da Cultura conxuntamente coa Fundación USC Deportiva. A próxima cita será este xoves 14 e quen desexe participar deberá inscribirse de maneira gratuíta en fundacionuscdeportiva.org ou cidadedacultura.gal.

A ruta a pé guiada polos técnicos da Fundación USC Deportiva comeza ás 16.45 horas na oficina de turismo de Santiago e chega á Cidade da Cultura a través do Bosque de Galicia. A subida polos tres quilómetros de sendas naturais desemboca no miradoiro do alto do monte, onde os participantes poden contemplar a que é unha das caras menos coñecidas da cidade. Ademais, como novidade este ano poderase visitar a exposición ‘Con-fío en Galicia’.

O percorrido de ‘Camiño ao Gaiás’ é apto para todas as persoas, aínda que os menores deben ir acompañados dun adulto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.07.2016.