XtraVoX e a Orquestra do Espazo de Cámara universitario, propostas culturais da USC para o mes de agosto
XtraVoX e a Orquestra do Espazo de Cámara da USC serán as notas musicais da actividade cultura da USC para o mes de agosto. A voces de XtraVoX serán a primeira cita o próximo 5 de agosto na Igrexa da Universidade nun concerto de entrada libre organizado pola Área de Cultura.
O programa do recital, que terá lugar ás 20.00 horas, está composto por cancións do Renacemento español e dos Códices de Montpellier e Wolfenbüttel; obras de Allegri, Byrd, Monteverdi, Purcell, Brahms, Verdi e MacMillan; e cancións tradicionais chinesas e americanas.
Xa o xoves 11, obras de Villa-lobos, Piazzolla, Márquez e Ginastera soarán no concerto ‘ Músicas do novo mundo’ que ofrecerá a Orquestra do Espazo de Cámara da USC baixo a dirección e Mario Diz a partir das 20.30 horas na Igrexa da Universidade. O repertorio contará coa participación de Pablo Sampedro ao acordeón e dos profesores convidados Roberto Santamarina, Antía García, Pedro Romero, Sasha Crisan e Iago Lariño.