Ir o contido principal

A Xunta informa favorablemente o novo mestrado de Matemáticas para impartirse no curso 2026-27

O mestrado comezará a impartirse no curso 2026-27
O mestrado comezará a impartirse no curso 2026-27
A Consellería de Educación e a Universidade de Santiago de Compostela acordaron o inicio dos trámites para a súa autorización
Santiago de Compostela

A proposta do novo mestrado de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela recibiu un informe favorable por parte da Xunta de Galicia, de maneira que se impartirá no curso 2026-27.

Así llo trasladou esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, á vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela, Mª José López, e ao decano da Facultade de Matemáticas, Alberto Cabada, nunha xuntanza de traballo na que tamén participou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez.

A partir de agora, a Universidade de Santiago iniciará os trámites administrativos establecidos na normativa para solicitar a autorización oficial da oferta do mestrado, e que deberá incluír tamén informe por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e aprobación definitiva por parte do Consello Galego de Universidades.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2025.