A Xunta de Padroado da Fundación Barrié nomea vogal ao profesor Ángel Carracedo
O catedrático Ángel Carracedo acaba de ser nomeado novo vogal da Xunta de Padroado da Fundación Barrié, en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional, estreita vinculación e coñecemento da Fundación e o seu sostido compromiso coa investigación en Galicia. Ángel Carracedo mantén dende hai años unha estreita relación coa Fundación Barrié no ámbito da investigación e a divulgación da Ciencia. Foi impulsor do Programa Diana de investigación en farmacoxénetica e é un colaborador activo en programas de bolsas e en proxectos relacionados co achegamento entre sociedade e ciencia. Está tamén comprometido cun dos más recentes proxectos da Fundación, a súa rede de mentoring, na que é mentor de investigadores novos. O profesor Carracedo é tamén antigo bolseiro da Fundación, xa que gozou en 1982 dunha Bolsa de Investigación para unha estadía investigadora na Universidade de Uppsala, en Suecia.