Xuntanza do Consello de Goberno
O Consello de Goberno debate este xoves 24 ás 9.30 horas en sesión ordinaria a aceptación das constas anuais do exercicio 2017, os prezos de xestión académica ou o acordo das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia sobre os procedementos de admisión aos estudos universitarios de grao. Na orde do día tamén figura a modificación do acordo do propio Consello de Goberno sobre a táboa de homologacións, a programación de actividades das cátedras para 2018 e 2017.
Deseguido, a partir das 12.00 horas, terá lugar unha sesión extraordinaria do mesmo órgano para tratar a creación na Relación de Postos de Traballo do PAS do posto de secretario/a xeral.