Xuntanza do Consello de Goberno da USC
O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores en sesión ordinaria para tratar, entre outros asuntos, a aprobación dos límites de prazas dos másteres e programas de doutoramento para 2014-2015, así como os criterios e calendario para a presentación de novas propostas de graos, másteres e doutoramento para o curso 2015-2016 e modificacións de títulos implantados. Tamén se tratará a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia en 2014. Outros puntos que abordará o Consello serán a concesión de novos tramos do complemento por mérito docente correspondentes a 2013, o baremo de méritos para a provisión de postos de traballo de PAS funcionario, a normativa para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación e a convocatoria xeral de prazas do SUR para o vindeiro curso, para a Universidade de Verán 2014 e para estudantes de mobilidade internacional que vaian estudar na USC en 2014-2015, ademais dos prezos para congresos e visitantes. Completarán a orde do día a aprobación das convocatorias de prazas da Escola Infantil Breogán e do Cheque Bebé, das memorias anuais de cátedras institucionais, a modificación do acordo sobre o procedemento de concesión de premios extraordinarios de grao e máster, a axuda institucional ás campañas electorais para a elección de reitor/a ou a creación, participación e cualificación da empresa i-Grape Laboratory, S.L. como empresa de Base Tecnolóxica da USC, entre outros asuntos.