Ir o contido principal

Xuntanza ordinaria do Consello de Goberno

O Consello de Goberno da USC celebrará este xoves 8 unha xuntanza ordinaria na que, entre outros puntos, se someterá a aprobación o Regulamento Electoral Xeral conforme ás liñas xerais definidas polo Claustro Universitario celebrado o pasado mes de xuño. A sesión celebrarase a partir das 16.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Outros asuntos a tratar son a proposta de nomeamento de profesorado ad honorem e eméritos, prazas de PDI e cobertura temporal de sete prazas de profesorado interino e substitución ou os acordos de incorporación Ramón y Cajal. Tamén se abordarán o convenio tipo para a realización de prácticas académicas externas da USC ou propostas de cursos e memorias xustificativas de cursos de posgrao propios.

Completando a orde do día, someterase a aprobación unha proposta de modificación dos requisitos esixidos ao estudantado para poder concorrer á convocatoria fin de carreira de graos e mestrados e outra sobre o establecemento dunha oportunidade extraordinaria de recuperación para os plans de estudo en proceso de extinción, así como propostas de licenza de familia de patentes ou memorias de institutos e centros de investigación, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2015.