Xuntanza sobre as rutas de sendeirismo organizadas polo Servizo de Deportes para 2016-2017
O Servizo de Deportes organiza este xoves 24 unha xuntanza na que se tratarán as condicións de participación nas actividades de natureza e sendeirismo que o servizo universitario organiza para este curso académico. A xuntanza comezará ás 20.30 horas no Salón de Actos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso e nela daranse conta da configuración e funcionamento das actividades no medio natural organizadas pola USC e guiadas pola Fundación USC Deportiva.
Este mesmo mes están previstas dúas saídas: este mércores 23 unha ruta micolóxica dentro dos roteiros por Compostela, coa colaboración do Museo de Historia Natural, e outra o sábado 26 para realizar o ‘ Camiño dos faros. De Laxe a Camelle’. Na web do Servizo de Deportes está dispoñible unha planificación de rutas a desenvolver este ano e que se irá actualizando nos vindeiros meses.