O xurado do Premio Aresa dá a coñecer este martes a candidatura gañadora
O reitor da USC, Juan Viaño, presidirá este martes a reunión do xurado encargado de fallar a décimo sétima edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado pola grupo empresarial Aresa en colaboración coa institución académica compostelá e que conta cunha dotación en metálico de 10.000 euros para a candidatura gañadora.
O xurado desta décimo sétima edición do Premio Aresa está formado polo reitor da USC, Juan Viaño, que actuará como presidente, así como polo presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o presidente de Calfensa Proxectos, José Ramón Panete Fernández, e o vicerreitor de Innovación e Transferencia do campus de excelencia da Universidade de Córdoba e membro da comisión externa do Campus Terra da USC, Enrique Quesada Moraga. A reunión dos membros do xurado encargado de fallar o XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural desenvolverase na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, o mesmo escenario que acubillará, a partir das 13.00 horas, a rolda de prensa na que se dará a coñecer a candidatura gañadora deste edición do certame.