Ir o contido principal

O xurado do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural falla este mércores a candidatura gañadora da súa décimo quinta edición

O reitor da USC, Juan Viaño, presidirá este mércores a reunión do xurado encargado de fallar a décimo quinta edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado pola grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa en colaboración coa institución académica compostelá e que conta cunha dotación en metálico de 10.000 euros para a candidatura gañadora.

O xurado desta décimo quinta edición do Premio Aresa estará formado polo reitor da USC, Juan Viaño, que actuará como presidente, así como polo presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade Calvo, e o director do Campus da Alimentación da Universidade de Barcelona, Marius Rubiralta Alcañiz. A reunión dos membros do xurado encargado de fallar o XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural desenvolverase na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, o mesmo escenario que acubillará, a partir das 13.30 horas, a rolda de prensa na que se dará a coñecer a candidatura gañadora deste edición do certame.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2014.