Ir o contido principal

A XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota o pano coa entrega de premios

A Mostra clausurouse coa entrega de premios. Foto: Santi Alvite
A Mostra clausurouse coa entrega de premios. Foto: Santi Alvite

A Mostra de Teatro Universitario de Galicia botou o pano a súa décimo quinta edición coa entrega de premios nas categorías de mellor espazo escénico, vestiario, iluminación, mellores actor e actriz, dirección e o premio ao mellor espectáculo. Pinchacarneiro, con ‘Tralo telón’, e GN, por ‘Natureza viva’, foron os gañadores na categoría de Mellor Espectáculo, agrupacións que tamén recibiron o galardón dirección das dúas pezas presentadas. No recoñecemento aos mellores actor e actriz, o galardón foi en ambos casos para Pinchacarneiro e Teatro da Falúa, pola súa peza ‘A princesa prometida’, e concretamente polo traballo de Ramón Ínsua e Pablo Fontela e para Marta Gómez e Natalia Ibáñez, respectivamente. Na categoría masculina o xurado outorgou unha mención especial a Guillermo Miñones de Compañía Troulaloura, por ‘Farsa plautina’ e a Alba López por ‘Apnea, variación 2ª’ da Aula de Teatro da USC. Os mellores espazos escénico foron os de Lorena Conde de Enlata Teatro, con ‘O envés’, e o do grupo GN en ‘Natureza viva’. No apartado da iluminación, destacouse o traballo de Javier Quintana de Enlata Teatro e de Helena Salgueiro de GN. O premio para o mellor vestiario foi para Lorena Conde de Enlata Teatro e para Desast-rosas de Artías Teatro. Integraron o xurado destes premios Roi Méndez, Pablo Ferradás e Yolanda Yáñez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2014.