Ir o contido principal

A XXXV Semana de Cine de Autor arranca Lugo cunha mostra dos cines da provincia coa presentación do libro ‘Rodado en Lugo’

De esquerda a dereita, Curiel, Giz, Arias, Outeiro, González e García Herradón, na apertura da mostra no Museo Provincial de Lugo
De esquerda a dereita, Curiel, Giz, Arias, Outeiro, González e García Herradón, na apertura da mostra no Museo Provincial de Lugo
O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón participa na inauguración da exposición no Museo Provincial

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, participa este luns no Museo Provincial de Lugo na inauguración da exposición sobre cines en Lugo, un acto no que tamén se deu a coñecer o libro ‘Rodado en Lugo’, obra de Manuel Curiel Fernández, director da XXXV Semana de Cine de Autor de Lugo, un evento patrocinado pola Universidade de Santiago e cuxa programación de máis de oitenta proxeccións audiovisuais comeza esta tarde e que tamén traerá á Casa do Saber da Vicerreitoría de Lugo unha ampla selección de curtas.

A presentación do libro ‘Rodado en Lugo’ congregou un bo número de curiosos e afeccionados no Museo Provincial de Lugo, onde tamén se deron cita o deputado provincial Mario Outeiro; a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; a concelleira de Lugo, Eva González; o directivo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e autor da obra, Manuel Curiel, ademais do presidente do citado club, Xulio Giz.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2013.