Ir ao contido principal

Nova sesión do Seminario de Historia Cultural (UniZar, 19 abril 23)

O vindeiro mércores 19 de abril vaise celebrar unha nova sesión do Seminario de Historia Cultural no Salón de Graos da Facultade de Dereito, Universidade de Zaragoza, ás 19:00 horas. Nesta ocasión, Anxo Rodríguez Lemos, da Universidade de Santiago de Compostela, impartirá a conferencia “Categorización de espazos de crenza: ermidas, capelas e santuarios do noroeste peninsular”. O encontro pódese seguir en liña a través da seguinte ligazón:  meet.google.com/bgj-zbrh-hia

Descargar adxunto