Ir ao contido principal

O profesor Domingo L. González Lopo participa no Curso de Cultura el Camino de Santiago (USC & U. de Michigan)

O Dr. Domingo L. González Lopo, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e membro do GIHM, e o Dr. Anxo Rodríguez Lemos participan no CURSO DE CULTURA EL CAMINO DE SANTIAGO, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Universidade de Michigan. O curso, coordinado polos Cursos Internacionales (USC) , celebrase entre o 5 de maio de 2023 ata o 14 de xuño de 2023.

Este curso pretende achegarse ao Camiño de Santiago, á súa historia e á súa actualidade, dun xeito multidisciplinar. Analízanse as claves da cultura xacobea dende a arte, a xeografía, a literatura, o cine e a música. Ademais, preséntanse aspectos relevantes da realidade socioeconómica do Camiño e a súa incidencia no mundo académico.

As clases presenciais do curso organízanse en torno a bloques temáticos que se complementan coa experiencia da ruta do Camiño de Santiago durante tres días, acompañados dun titor académico, e diversas actividades culturais na contorna e na cidade de Santiago de Compostela.

Descargar adxunto