VI Xornadas Internacionais Mulleres na Historia. Mulleres e relixións (outubro, 2022)
Datas: 14/10/2022 | 14/10/2022
O día 14 de outubro de 2022, no salón de actos da Facultade de Filosofía (USC), vanse celebras as VI Xornadas Internacionais Mulleres na Historia, coordinadas por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia, Universidade de Santiago de Compostela. Nesta ocasión, o encontro científico organizase en torno ao tema Mulleres e relixións. Esta actividade, que está aberta a toda a comunidade investigadora, forma parte dos ciclos formativos do GIHM.
Darase certificación de 10 horas aos estudantes do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC, por acordo da CADP, de 27 de xullo de 2022. Tamén se entregará diploma de asistencia presencial aos estudantes dos mestrados e de grados universitarios, valor dez horas.
Inscrición gratuita: ata o 12 de outubro, ás 14 horas, vía e-mail a Antonio González López (antoniogonzalez.lopez@usc.es). Os asistentes de fóra da USC deberán contactar co secretario para obter o enlace de acceso virtual.

PROGRAMA:
9:00-9:15 Presentación
9:15-10:00 Dra. Rosa María Alabrús, Universitat Abat Oliba CEU
“O discurso eclesiástico sobre a muller. Fontes e metodoloxía”
10:00-10:45 Dra. Ángela Atienza López, Universidade da Rioxa
“Fundadoras. A intervención feminina na configuración da España conventual
10:45-11:30 Dr. Francisco Lorenzo Pinar, Universidade de Salamanca
“A entrada nos conventos femininos en Castela na Idade Moderna: estratexias familiares e resistencia”.
11:30-12:00 Descanso
12:00-12:45 Dr. Antonio Castillo, Universidade de Alcalá
“A voltas con Isabel Ortiz: doutrina cristiá e autoría feminina no século XVI”
12:45-13:30 Dra. Cécile Vincent-Cassy, Cergy-Pontoiste University (Francia)
“Perlas da Coroa. Santa Margarita e os seus epígonos reais no primeiro terzo do século XVII”
13:30-14:00 Debate
PAUSA
15:45-16:30 Dr. Domingo Luis González Lopo, Universidade de Santiago de Compostela
“Seguindo o exemplo da raíña Ester: a resistencia feminina entre os xudeus conversos luso-galegos (1595-1654)”
16:30-17:00 Dra. Ofelia Rey Castelao, Universidade de Santiago de Compostela
“Retallos de relixións. Pegadas de mulleres doutras relixións en Galicia, séculos XVIII-XIX”
17:00-17:45 Dra. Rosalva Loreto, Benemérita Universidade Autónoma de Puebla (México)
“A clausura e a escritura. Unha aproximación histórica aos manuscritos femininos hispanoamericanos”
17:45-18:15 Dr. Anxo Rodríguez Lemos, Universidade de Santiago de Compostela
“Mulleres no “excedente piadoso”: a participación feminina nas almoedas públicas de ofrendas”
18:15-18:45 Luís Gonçalves Ferreira, Universidade do Minho (Portugal)
“Espiritualidade, salvação e autonomia: as atitudes perante a morte das pobres do Hospital de Santiago de Braga, 1630-1830”
18:45-19:30 Dra. María Xesús Souto Blanco, Universidade de Santiago de Compostela
“Católicas carlistas e falanxistas. Ambivalencia da representación feminina no franquismo”
19:30-20:30 Debate e clausura
Comité organizador na Universidade de Santiago de Compostela
Ana María Sixto Barcia
Ofelia Rey Castelao
Secretario: Antonio González López
Comité científico internacional
Maria Antónia Lopes, Universidade de Coimbra (Portugal)
María Marta Lobo de Araújo, Universidade do Minho, Braga (Portugal)
Manuela Águeda García Garrido, Universidad de Caen (Francia)
Manuel Reyes García Hurtado, Universidade da Coruña
Susana Truchuelo García, Universidad de Cantabria
Marina Torres Arce, Universidad de Cantabria
Rubén Castro Redondo, Universidade de Cantabria
Fernando Suárez Golán, Universidade da Coruña
Roberto Javier López López, Universidade de Santiago de Compostela
Comité de apoyo na Universidade de Santiago de Compostela
Daniel Mena Acevedo
Alex Valledor Aróstegui
Pablo Vázquez Bello
Iago Castro Táboas
Organiza e financia o Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), USC
Para ver o cartazo, pemer aquí: GAL / CAST
[Programa descargable en adxunto]