.
O curso de verán «Témoslle lei: O galego no Dereito», que se desenvolverá na Facultade de Dereito da USC os días 12, 13 e 14 de setembro, diríxese a todas as persoas interesadas en coñeceren o alcance dos dereitos lingüísticos e as obrigas dos poderes públicos en relación coa normalización lingüística:
Estudantes de Dereito e de Ciencias Políticas e da Administración
Estudantes, profesionais e especialistas no ámbito das políticas lingüísticas: xuristas, sociolingüistas, técnicos das administracións, filólogos, sociólogos, politólogos...
Membros de colectivos e asociacións en materia de lingua e normalización.
Luns 12 de setembro
09.00 Acollida e reparto de materiais
10.00
Inauguración
Dr. Juan J. Casares Long, reitor da Universidade de Santiago de Compostela
10.30-11.30
Os dereitos lingüísticos: unha perspectiva constitucional á luz da sentenza do TC 31/2010, do 28 de xuño
Dr. Carles Viver Pi-Sunyer, presidente do Institut d’Estudis Autonòmics e ex- vicepresidente do Tribunal Constitucional
12.00-13.15 A protección das linguas e dos falantes: dereitos e deberes
Dra. Alba Nogueira López, profesora titular de Dereito Administrativo. Universidade de Santiago de Compostela
16.00-18.00 Mitos, prexuízos e datos sobre o galego e os usos lingüísticos
Don Manuel C. Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela
Dona Isabel Vaquero Quintela, técnica do Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela
18.30-20.00 Proxección
Martes 13 de setembro
10.00-11.30
A Administración de Xustiza e os dereitos lingüísticos
Don Luciano Varela, maxistrado. Tribunal Supremo
12.00-14.00 A normalización das oficinas xudiciais
Don Luís Villares Naveira, maxistrado. Tribunal Superior de Xustiza de Euscadi
Dona Dalila Dopazo, maxistrada. Xulgado de Santa Coloma de Gramenet
16.30-18.30 O exercicio do Dereito e a cooficialidade
Don Evaristo Nogueira, decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
Don Xaquín Monteagudo Romero, secretario do Concello de Outes
19.00-20.30 A regulación por omisión. As leis sen desenvolvemento
Don Xesús Costas Abreu, letrado xefe da Asesoría Xurídica do Concello de Vigo
Mércores 14 de setembro
10.00-12.00 A normalización lingüística dunha administración
Don Daniel Romero, técnico de normalización lingüística. Concello de Fene
Dr. Antonio López Díaz, conselleiro do Consello de Contas de Galicia
12.30-14.00 Os modelos de normalización da lingua de Euskadi e Cataluña
Dra. Eva Pons Parera, profesora titular de Dereito Constitucional. Universitat de Barcelona
Dr. Iñigo Urrutia Libarona, catedrático de Dereito Administrativo. Euskal Herriko Unibertsitatea
16.30-18.00
As vías de protección dos dereitos lingüísticos da cidadanía
Dr. Iñaki Lasagabaster, catedrático de Dereito Administrativo. Euskal Herriko Unibertsitatea
18.30-20.00
Os empregados públicos: dereitos e deberes lingüísticos
Dr. Marcos Almeida Cerreda, profesor contratado doutor de Dereito Administrativo. Universidade de Santiago de Compostela
20.00-20.30
Conclusións e clausura do curso
Dona Teresa Conde-Pumpido, presidenta do Consello Consultivo de Galicia
A matrícula farase a través do web de Cursos de Verán da USC ou presencialmente nas secretarías de Cursos de Verán de Compostela e Lugo. O prazo de matrícula remata o 2 de setembro. A dirección poderá considerar a anulación do curso na segunda quincena de xullo en función da matrícula existente.
O importe da matrícula é de 70 € en xeral e de 40 € para estudantes de calquera universidade ou de estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC.
Os asistentes terán dereito a un diploma acreditativo de asistencia por 25 horas. Aos estudantes da USC que marquen o cadro correspondente ao formalizaren a matrícula recoñeceráselles:
1 crédito de libre configuración, se son estudantes de diplomaturas, licenciaturas, enxeñarías
2 créditos para estudantes das titulacións de grao
Para obter a cualificación de apto/a e recibir tanto o diploma como os créditos, cómpre asistir regularmente cando menos ao 80% das horas lectivas do curso.
Directora: Alba Nogueira López <alba.nogueira@usc.es>, teléfono (+34) 8818 14683
Secretaria: Isabel Vaquero Quintela <isabel.vaquero.quintela@usc.es>, teléfono (+34) 8818 14491
Cursos de verán: <cursosdeveran@usc.es>, teléfonos (+34) 881 811018 e 881 811103 (Santiago) e (+34) 982 821513 (Lugo), web <http://www.usc.es/cultura/uveran11cursos.htm>