Skip to main content

USC e Afinet promoven formación en liña sobre prevención de incendios, queima prescrita e pastoreo

Queimas controladas realizadas en parcelas de Os Ancares
Queimas controladas realizadas en parcelas de Os Ancares
O programa, dirixido por Rosa Mosquera e Nuria Fereira, desenvolverase do 1 ao 4 de setembro e inclúe visitas ás parcelas do proxecto piloto ‘Open2preserve’ nos Ancares
Lugo

A Rede de Innovación Agroforestal Afinet, coordinada pola catedrática do Departamento de Produción Vexetal da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, promove a celebración do curso ‘Sistemas agroforestais e prevención de incendios: queima prescrita e pastoreo’, unha actividade formativa canalizada a través do Centro de Estudos Propios da USC que se desenvolverá en liña do 1 ao 4 de setembro e que inclúe unha viaxe de prácticas aos Ancares, durante a que o alumnado participante poderá visitar os terreos nos que se está a desenvolver a unha das experiencias piloto do proxecto Interreg ‘Open2preserve’, unha iniciativa europea que combina prácticas de herbivorismo guiado e técnicas iniciais de redución de combustible mediante queimas controladas.

Este novo programa formativo sobre prevención de lumes estrutúrase en 2,5 créditos ECTS e vai dirixido tanto a alumnado universitario e non universitario, profesorado, técnicos da administración, agricultores, gandeiros, silvicultores, asesores, profesionais, comuneiros... Os contidos a desenvolver nas distintas sesións en liña permitirán ao alumnado participantes ampliar os seus coñecementos sobre os sistemas agroforestais, estratexias de xestión do territorio e prevención de lumes, xestión do monte e biodiversidade, así como respecto das respostas das comunidades leñosas ao pastoreo e mesmo das áreas Pasto-Cortafogo de Andalucía.

As persoas interesadas en participar neste curso deben formalizar a súa inscrición en liña na web da USC. O prazo de matrícula, cuxo custe é de 50 euros, permanecerá aberto do 27 de xullo ao 21 de agosto de 2020 na propia web do Centro de Estudos Propios da USC. Tamén se pode solicitar máis información ao respecto a través do enderezo electrónico divina.vazquez [at] usc.es (divina[dot]vazquez[at]usc[dot]es) ou no número de teléfono 982 823 139.

The contents of this page were updated on 07.17.2020.