Skip to main content

Aberto ata o 16 de outubro o prazo para presentar propostas ao Acelerador de Transferencia

O financiamento das iniciativas será de ata 40.000 euros. FOTO: Santi Alvite
O financiamento das iniciativas será de ata 40.000 euros. FOTO: Santi Alvite
Este programa facilita transferir os resultados da investigación desenvolvida polos grupos da USC ao mercado
Lugo, Santiago de Compostela

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC impulsa unha nova edición do Acelerador de Transferencia, o programa que facilita transferir os resultados da investigación desenvolvida polos grupos da USC ao mercado. O prazo para tomar parte nesta iniciativa que conta co financiamento do Banco Santander, permanecerá aberto ata o 16 de outubro.

As condicións esenciais que deben reunir os proxectos para ser elixibles son identificar claramente cal é a fenda existente entre o resultado de investigación e o mercado; garantir un cambio de estado co desenvolvemento do proxecto;  así como ter o compromiso dunha empresa para que, no caso de que os resultados obtidos no Acelerador de Transferencia sexan exitosos, continúe co proceso de desenvolvemento do produto e/ou comercialización.

Tamén se poderá dar apoio a aqueles proxectos que teñan como obxectivo avanzar no proceso de valorización de xeito que se obteña maior madurez na comprensión da súa potencialidade de transferencia. Así, poderanse apoiar proxectos para levar a cabo informes de mercado, asesoramento regulatorio, ou follas de ruta para o seu desenvolvemento, entre outros, que poidan facilitar a captación de fondos doutras convocatorias de valorización

Os proxectos contarán dende o primeiro momento co asesoramento do persoal técnico da AVTE. O financiamento das iniciativas será de ata 40.000 euros e a duración dos mesmos entre 3 e 9 meses. As bases completas da convocatoria poden consultarse nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 09.03.2020.