Directivos e técnicos do grupo Lactalis visitan a Aula de Produtos Lácteos da USC, coa que colaboran en tarefas de análise sensorial

Unha delegación do grupo Lactalis encabezada polo director de Calidde de Lactalis Forlasa, Ignacio Bernáez Turnes, e na que tamén estivo presente Edwige Gilbert, unha das responsables do Departamento central de Análise Sensorial do grupo en Laval-Francia, ademais de José Antonio González Dasilva, responsable de auditorías de proveedores de Lactalis Iberia, realizou este martes unha visita técnica ás instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentairas (APLTA) do Campus de Lugo da USC.
A profesora da USC Mª Elvira López Mosquera, adxunta á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, e a responsable do laboratorio de análise sensorial da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, Mª Paz Fernández-Albalat, foron as encargadas de recibir á delegación de Lactalis pola instalacións da APLTA.
A visita desta comitiva empresarial a este centro do Campus de Lugo da USC encádrase no marco da colaboración que mantén o grupo Lactalis coa Aula de Produtos Lácteos da USC desde hai preto de dúas décadas no ámbito da análise sensorial.
De feito, cómpre lembrar que desde hai preto de 20 anos, o laboratorio de análise sensorial da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC realiza análises sensoriais de varias das referencias comercializadas polo grupo, a través do traballo dos dous paneis de catadores expertos.