Skip to main content

Un estudo aborda os impactos da COVID-19 no benestar da poboación das zonas costeiras

As achegas desta investigación permitirán profundar na resiliencia das zonas litorais. FOTO: Santi Alvite
As achegas desta investigación permitirán profundar na resiliencia das zonas litorais. FOTO: Santi Alvite
A investigación está coordinada polo profesor da USC Sebastián Villasante e é “o primeiro estudo global que incidirá na calidade de vida das poboacións litorais”
Lugo

O 40% da poboación mundial vive a menos de 100 kilómetros da costa. Partindo deste dato, o grupo de traballo sobre resiliencia e servizos dos ecosistemas mariños pertencente ao International Council for the Exploration of the Sea (ICES) está a impulsar unha investigación, coordinada polo profesor da USC Sebastián Villasante, coa que medir o impacto que a COVID-19 está a causar no benestar da poboación das zonas costeiras.

“Este é o primeiro estudo global que incidirá na calidade de vida das poboacións litorais, incluíndo cambios en costumes dietéticos, ocio cultural nas áreas protexidas, así como impactos físicos e cognitivos debido á pandemia", explica o profesor Villasante. As achegas desta investigación permitirán profundar na resiliencia das zonas litorais e identificará solucións para axudar as persoas baixo o influxo da pandemia. Dado que a crise da COVID-19 pode aumentar vulnerabilidades e risco de desigualdade para as zonas litorais, os resultados desta investigación proporcionarán ideas de  adaptación que as rexións litorais poidan desenvolver á hora de acometer a crise.

The contents of this page were updated on 03.10.2021.