Skip to main content

A nutrición dos primeiros meses inflúe ao longo de toda a vida

A Cátedra  Ordesa de Nutrición Infantil é a primeira cátedra de nutrición infantil en España. FOTO: Santi Alvite
A Cátedra Ordesa de Nutrición Infantil é a primeira cátedra de nutrición infantil en España. FOTO: Santi Alvite
As VII Xornadas Científicas Internacionais organizadas pola Cátedra de Ordesa en Nutrición Infantil e na que toma parte a USC xunto ás universidades de Granada, Cantabria e Zaragoza, reuniu en liña a especialistas de máis de 25 países
Santiago de Compostela

Ata hai non moito a  microbiota, o conxunto de microorganismos vivos que se atopan no intestino humano, era unha gran descoñecida. Con todo, cada vez sábese máis sobre a súa importancia para a saúde. Existen numerosas evidencias da súa influencia no desenvolvemento de sistemas tan importantes como o  inmunolóxico ou o Sistema Nervioso Central; e a alimentación nas primeiras etapas da vida pode xogar un papel determinante na configuración desta  microbiota. Esta é unha das principais novidades que se abordaron durante as VII Xornadas Científicas Internacionais organizadas pola Cátedra de Ordesa en Nutrición Infantil nas que tomaron parte preto de 2500 participantes en Pediatría, procedentes de máis de 25 países de Europa, África, América, Oriente Medio e Sueste asiático. Nesta ocasión, e por motivo da pandemia da COVID-19, optouse por un simposio virtual. A USC integra esta Cátedra xunto ás universidades de Granada, Cantabria e Zaragoza.

Os especialistas reunidos presentaron diversos estudos que mostran evidencias sobre como a saúde e a nutrición durante os primeiros meses de vida pode ter influencias ao longo de toda a vida. Isto abre un campo inmenso de “actuación para poder facer tratamentos máis individualizados e xerar un desenvolvemento óptimo nas primeiras etapas da vida” como sinalaron dende a dirección desta Cátedra.

A Cátedra  Ordesa de Nutrición Infantil é a primeira cátedra de nutrición infantil en España. Nace en 2013, seguindo a vocación científica e investigadora de Laboratorios  Ordesa, co obxectivo de xerar investigación avanzada, promover o coñecemento, dar difusión aos novos avances e fomentar a formación na área da nutrición infantil.

The contents of this page were updated on 05.27.2021.