Skip to main content

A modelización matemática contribúe a nunha iniciativa innovadora no campo dos materiais

O proxecto SisAl Pilot do ITMATI constitúe un enfoque innovador de produción de silicio baixo en carbono
Santiago de Compostela

O proxecto ‘Innovative pilot for Silicon production with low environmental impact using secondary Aluminium and silicon raw materials’ (SisAl Pilot) constitúe un enfoque innovador de produción de silicio baixo en carbono. O proxecto do que é socio o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), consorcio público das tres universidades galegas, propón validar e escalar unha redución aluminotérmica do cuarzo en escoria e a utilización de materias primas secundarias, como chatarra de aluminio, no proceso de produción de silicio. Deste xeito, preténdese minimizar a perda de material e a substitución dos redutores de carbono utilizados no proceso de produción actual.

SisAl Pilot representa un enfoque innovador de produción de silicio baixo en carbono e unha forte contribución á “circularidade” debido á simbiose industrial. No proxecto, a industria do aluminio actuaría como provedor de materias primas e usuario final da industria do silicio como elemento para aliaxes.

Unha das principais tarefas de ITMATI en SisAl Pilot é realizar a simulación numérica de fornos de indución e dun forno rotativo. A modelización e a avaliación das interaccións entre os fenómenos físicos teñen o obxectivo de optimizar o funcionamento e o deseño dos fornos. SisAl Pilot enmárcase no programa Horizon2020 de financiamento da Unión Europea, cun orzamento superior aos catorce millóns de euros e integrado por un consorcio composto por 22 socios.

The contents of this page were updated on 06.01.2021.