Skip to main content

Un graffiti de Diego As infunde afecto e respecto polos animais desde o Campus de Lugo

Detalle do graffiti de Diego As no Campus de Lugo
Detalle do graffiti de Diego As no Campus de Lugo
A nova ilustración, incluída no proxecto ‘Deixando pegada’, que promove a empresa Gosbi Pet Food no marco da campaña ‘Animal respect’, pretende concienciar á poboación sobre a necesidade de coidar a respectar aos animais
Lugo

Un graffiti de Diego As infunde afecto e respecto polos animais desde o Campus de Lugo, onde xa se pode observar a nova ilustración deseñada polo artista lugués e actual campión de España de graffiti.

O novo graffiti no que Diego As recrea a cabeza dun can forma parte do proxecto ‘Deixando pegada’, unha iniciativa artística promovida pola empresa Gosbi Pet Food no marco da campaña ‘Animal respect’, que está a desenvolver a nivel nacional e coa que busca concienciar á poboación e nomeadamente á mocidade sobre a necesidade de coidar e respectar os animais.

The contents of this page were updated on 10.11.2021.