Skip to main content

Unha trintena de estudantes da USC recibiron os Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia

O reitor posou co alumnado da USC premiado que puido asistir ao acto. FOTO: Santi Alvite
O reitor posou co alumnado da USC premiado que puido asistir ao acto. FOTO: Santi Alvite
A esta convocatoria podía concorrer o alumnado que rematou estudos en 2020 nas universidades galegas
Lugo, Santiago de Compostela

Un total de 30 tituladas e titulados da USC recolleron este martes 1 os Premios Fin de Carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios en 2020 nas universidades galegas. No acto que se desenvolveu na Cidade de Cultura, tomaron parte o reitor Antonio López, así como os reitores da UDC e da UVigo, Julio Abalde e Manuel Joaquín Reigosa. Xunto a eles, interviñeron na entrega de diplomas o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

Pola USC, resultaron recoñecidos Iván Arias Arias (Lingua e Literatura Modernas), Amanda Briones Marrero ( Filosofía), Javier Frieiro Santaya (Historia), Silvia González Rodríguez (Historia da Arte), Paula Portela Cabana (Lingua e Literatura Inglesas), Yeray Folgar Cameán (Bioloxía), Juan Manuel Lorenzo Naveiro (Matemáticas), Aitor Mairena Díaz (Física), Irea Mosquera Lois (Química), Mateo Eiroa Osoro (Farmacia), Pablo Freijido Álvarez (Medicina), Manuel Giráldez Suárez (Medicina), Joaquín Vila García (Medicina), Dolores Loureiro Piñeiro (Enfermaría), Tamara Miranda Rodríguez (Nutrición Humana e Dietética), Álvaro Montes Campos (Psicoloxía), Alberte Rico Fernández (Veterinaria), Ana Vázquez Bouzo (Odontoloxía), Alexander Amado Acedo (Xeografía e Ordenación do Territorio), Elena Bermúdez Guimeráns (Pedagoxía), Gloria García Vivero (Xornalismo), Clara Manrique Velayos (Mestre de Educación Primaria), Natividad Otero Ares (Mestre de Educación Primaria), Pedro Martínez Gago (Ciencia Política e da Administración), Alberto Mato Villamarín (Economía), María Rúa Rodríguez (Dereito), Ana Macerena Vilas Tobar (Dereito), Sofía Trillo Montero (Mestre de Educación Infantil), Jorge Prieto Vilaboa (Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria) e Raquel Rodríguez Vilas (Enxeñaría Informática).

Puido optar a este premio o alumnado que cursase de forma íntegra os estudos nunha universidade galega, e que tivera acadado unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,5 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

Na edición deste ano, resultaron galardoados cos Premios Fin de Carreira un total de 85 egresados, 11 máis que no curso anterior. Dos premiados, 51 (o 60%) son mulleres e os 34 restantes son homes. Por universidades, a de Santiago de Compostela conta con 31 galardoados, a de Vigo con 39 e a da Coruña con 15. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade concede a cada un dos galardoados un premio de 3.500 euros e un diploma acreditativo, o que supón un recoñecemento institucional e un valor engadido para o seu currículo.

Na edición deste ano, resultaron galardoados cos Premios Fin de Carreira un total de 85 egresados. FOTO: Santi Alvite
Na edición deste ano, resultaron galardoados cos Premios Fin de Carreira un total de 85 egresados. FOTO: Santi Alvite
The contents of this page were updated on 03.01.2022.