Labores de voluntariado con menores ingresados.
Voluntariado en iniciativas educativas da Aula Hospitalaria con nenos e nenas ingresados na planta de Pediatría do Hospital Clínico.
Programa de apoio educativo e acompañamento
O voluntariado na Aula Hospitalaria ten como obxectivo mellorar a estancia das nenas e nenos ingresados, ofrecendo acompañamento educativo e emocional. As persoas voluntarias colaboran en tarefas escolares e actividades creativas con senso pedagóxico e apoian o benestar afectivo do alumnado, sempre en coordinación coas mestras da Aula.
- Horario: de luns a venres (só en días lectivos), de 10 a 13 h.
- Prazas: 5 (unha persoa por día lectivo)