Cursos Internacionais organiza unha formación para profesorado de español como lingua estranxeira
 
            A actividade integrada por dous módulos desenvolverase a partir de xullo e conta co recoñecemento do Instituto Cervantes
      
  
    
  
  
  
        
            Lugo, 
            Santiago de Compostela
      
  
    
      
      
  
    
            
  Cursos Internacionais da USC organiza o vindeiro mes de xullo un Curso de Formación Inicial para profesorado de español como lingua estranxeira que conta co recoñecemento do Instituto Cervantes. O Módulo 1 desenvolverase do 10 ao 21 de xullo, mentres que o Módulo 2 terá lugar entre o 16 e o 20 de outubro e é de carácter optativo.
Esta actividade está dirixida a estudantes de último curso ou titulados en áreas como Filoloxía, Linguas, Ciencias da Educación, Humanidades, e outras especialidades de carácter humanístico, así como a diferentes perfís interesados en iniciarse no sector de Español para Estranxeiros (ELE).