Skip to main content

Aberto o prazo de solicitude de admisión aos mestrados

Estudantes universitarias nunha clase de Filoloxía. Foto: Santi Alvite
Estudantes universitarias nunha clase de Filoloxía. Foto: Santi Alvite
Tamén comeza a segunda convocatoria de admisión para traslados en titulacións sen cota de prazas
Lugo, Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago mantén aberto ata o 16 de xullo a convocatoria dos mestrados, tanto con criterios xerais como específicos, para  o curso académico 2025-2026.

Por outra, ata o 15 de xullo poderase solicitar a admisión para a continuación de estudos en titulacións sen cota de prazas para os efectos de traslados e para estudantes de reingreso nos mesmos estudos que tiveran cursado na propia universidade. A esta convocatoria poden concorrer aqueles estudantes procedentes doutra universidade ou doutras titulacións da propia universidade aos que se lles recoñeza un mínimo de créditos.
 

The contents of this page were updated on 07.02.2025.