Skip to main content

Volve o mellor audiovisual á Facultade de Filoloxía da man de CineFilo

Serán sete sesións de cinema ata o mes de decembro
Serán sete sesións de cinema ata o mes de decembro
Serán sete sesións de cinema ata o mes de decembro
Santiago de Compostela

O cineclub da Facultade de Filoloxía da USC CineFilo retoma a finais deste mes o seu ciclo de proxeccións, que xa vai pola sexta edición e que rematará no mes de decembro. Serán en total sete sesións, todas abertas e de balde, cunha ampla variedade de xéneros, linguas e formatos que contarán ademais coa participación de distintas persoas convidadas, todas elas relacionadas cos filmes.

Para estudantes da USC, a asistencia regular á meirande parte das sesións outorgará un certificado co que se poderá solicitar o recoñecemento de 1 crédito ECTS de carácter transversal concedido pola Área de Cultura da USC.

Non canto por cantare, na primeira sesión


O vindeiro martes 30 de setembro, CineFilo dará comezo a este novo ciclo coa proxección, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía ás 17.00 horas, da serie documental Non canto por cantare (2025), para o que contará coa presenza da súa directora, Irene Pin.

Presentada pola profesora de secundaria Gabriela Rivera Rodríguez, a serie explora a evolución da música popular galega a través das mulleres que a transmitiron e mantiveron viva, seguíndoa pola súa pervivenza e rexurdir nos últimos anos do século XXI. O proxecto foi desenvolvido por Aqueladas, unha cooperativa galega de produción audiovisual especializada en proxectos transmediais de diversos xéneros e en labores de deseño gráfico fundada por Irene Pin e Iria Iglesias. Para acompañar o documental, crearon asemade unha web conceptual que recolle materiais adicionais das entrevistas e que pode consultarse en https://noncantoporcantare.gal/ .
 

Cartel do ciclo completo
Cartel do ciclo completo
The contents of this page were updated on 09.12.2025.