Skip to main content

Fortalecer as capacidades da transferencia de coñecemento no ámbito das Ciencias Sociais e Humanas, obxectivo dunha xornada

Imaxe de arquivo da Sala de Persoal Investigador da USC. Foto: Santi Alvite
Imaxe de arquivo da Sala de Persoal Investigador da USC. Foto: Santi Alvite
A desenvolver o 24 de setembro, diríxese a persoal técnico de oficinas de transferencia e a persoal investigador nestas áreas de coñecemento

Organizada pola USC e o Grupo de Traballo en Ciencias Sociais e Humanidades da RedOTC-CRUE, o 24 de setembro terá lugar no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) a xornada Transferencia en Ciencias Sociais e Humanas: entre o escepticismo e a oportunidade.

A cita vai dirixida a persoal técnico de oficinas de transferencia e a persoal investigador no ámbito das Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas, co obxectivo de fortalecer as súas capacidades nun campo de coñecemento con dinámicas propias e cun crecente papel na xeración de impacto social. Con ese propósito, a xornada está pensada como un espazo para o intercambio de experiencias, a construción de alianzas e o impulso de novas formas de transferir coñecemento desde esas ciencias.

Programa


A xornada desenvolverase nunha sesión matinal que dará comezo ás 9.00 nun acto no que participan o reitor Antonio López Díaz; o coordinador da RedOTC e vicerreitor de Innovación e Transferencia da Universitat Politècnica de València, Salvador Coll Arnau; a subdirectora xeral para o Emprendemento, a Igualdade na Empresa e a Negociación Colectiva das Mulleres do Instituto das Mulleres, Begoña Suárez Suárez; e unha persoa representante da Axencia Galega de Innovación.

Os contidos do programa inclúen relatorios nacionais e internacionais coa participación de representantes de institucións clave do sistema de I+D+I e unha sesión práctica exclusiva para persoal técnico, centrada na avaliación da transferencia nos procesos de financiación pública da investigación. 
 

The contents of this page were updated on 09.15.2025.