Skip to main content

Exposición. Biblioteca Intercentros de Lugo

‘ XXXI Maratón fotográfico da USC’

11.05.2025-12.16.2025 | 08.30h-21.30h

Vestíbulo da biblioteca

O certame de fotografía "XXXI Maratón fotográfico da USC", actividade incluída na programación do Outono Cultural, resolveuse o 5 de novembro, coa cerimonia de entrega dos premios e coa inauguración dunha mostra na que se pode contemplar unha pequena escolma das imaxes presentadas ao certame.

O vestíbulo da Biblioteca Intercentros gorece algunhas das obras seleccionadas do certame de fotografía "XXXI Maratón fotográfico da USC"
O vestíbulo da Biblioteca Intercentros gorece algunhas das obras seleccionadas do certame de fotografía "XXXI Maratón fotográfico da USC"

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

A mostra poderá visitarse do 5 de novembro ao 16 de decembro no horario habitual de apertura da Biblioteca Intercentros: luns a venres de 8:30 a 21:30 e fins de semana e festivos de 10 a 19:30 horas.  
 

The contents of this page were updated on 11.06.2025.