Skip to main content

Fundamentos da Mellora Continua

11.20.2025 | 12.00h-14.00h

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula de proxectos ETSE

Julia Feijoo (jfeijoo@kaizen.com)

Julia Feijoo é graduada do GrEQ e recoñecida pola International Society of Automation (ISA) co Premio de Excelencia Internacional, actualmente traballa en KAIZEN, consultora estratéxica especializada en excelencia operacional.

Este actividade constitúe a primeira acción formativa desenvolvida no marco do Convenio Específico de Colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e KAIZEN Institute, asinado o pasado mes de xullo. Este convenio ten como obxectivo promover a colaboración entre ambas institucións no ámbito formativo, integrando no catálogo da Aula Profesional da ETSE actividades que impulsen o desenvolvemento de competencias transversais e a aplicación práctica de metodoloxías de mellora continua no contexto da enxeñaría. KAIZEN Institute é unha empresa multinacional líder en servizos de consultoría e formación, especializada na mellora continua de procesos, a xestión do cambio e a excelencia operacional. A súa misión consiste en acompañar organizacións de diferentes sectores na implantación da filosofía KAIZEN, promovendo unha cultura de innovación sostida e participación activa das persoas. Esta primeira sesión introduce ao estudantado da ETSE nos principios fundamentais da mellora continua, combinando contidos teóricos e prácticos para favorecer unha aprendizaxe aplicada. A actividade busca que o alumnado experimente de maneira directa os beneficios da metodoloxía KAIZEN, adquirindo ferramentas útiles para a súa futura práctica profesional e desenvolvendo unha actitude proactiva cara ao cambio e á colaboración.

Aberto a todo o estudantado da ETSE.

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Nesta sesión dinámica, as persoas participantes aprenderán a aplicar a metodoloxía 5S, comprenderán a importancia da estandarización e explorarán outras ferramentas clave para fomentar a mellora continua. A través de exercicios prácticos combinados con breves doses de teoría, abordaranse conceptos esenciais como o Kaizen, que é un paradigma e os principios fundamentais da mellora continua. Mediante un pequeno exercicio introdutorio, tamén se reflexionará sobre a resistencia ao cambio e como superala dentro dos equipos. A sesión incluirá dinámicas interactivas que permitirán experimentar a relevancia do traballo no terreo, a xestión visual e o papel clave das persoas nos procesos de mellora. O obxectivo é que as persoas asistentes vivan de forma práctica os beneficios da mellora continua e desenvolvan unha mentalidade aberta ao cambio e á colaboración.

Procedemento de inscrición: correo a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP08_25 MelloraContinua antes do martes 18 ás 20 horas.

Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase a asistencia e o aproveitamento do/a estudante (40%) e a adquisición de coñecementos mediante un cuestionario de avaliación que se realizará nos últimos 15 minutos da actividade.

The contents of this page were updated on 11.12.2025.