Skip to main content

Bota a andar o Sprint de Innovación para xerar ideas innovadoras e con impacto

Detalle do cartel
Detalle do cartel
A inscrición para participar neste evento que terá lugar na EPSE esténdese ata o 20 de novembro
Lugo

O Sprint de Innovación, unha nova actividade do Programa USC Emprende, pensada para persoas creativas e con interese polo emprendemento, desenvolverase o 21 de novembro, a partir das 11.30 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPSE) do Campus de Lugo. Trátase dunha sesión de formación deseñada para xerar e visualizar ideas innovadoras e con impacto a través da metodoloxía Design Sprint, unha experiencia de innovación aberta para crear e validar ideas de forma áxil, na que se resolven retos nun período curto de tempo, de xeito transversal e colaborativo. As persoas participantes adquirirán novas habilidades de emprendemento e traballo en equipo, cun enfoque práctico e orientado á acción

A actividade diríxese a estudantado de grao e mestrado da EPSE ou doutras titulacións que deben formalizar a inscrición, ata o 20 de novembro, a través dun formulario en liña. Deste xeito a comunidade universitaria participante entra a formar parte da comunidade USC Emprende para desenvolver o seu espírito emprendedor, aprender novas habilidades e descubrir novas posibilidades para os seus proxectos. Esta actividade computará para a obtención de 1 ECTS no marco do USC Emprende. 

Cartel do evento
Cartel do evento
The contents of this page were updated on 11.17.2025.