Catro membros do IPsiUS obteñen as catedras
Os procesos de avaliación contaron coa participación de tribunais formados por catedráticas e catedráticos de prestixio recoñecido procedentes de diversas universidades españolas. Entre elas, a Universidade de Oviedo, a Universitat de València, a Universidad Autónoma de Madrid ou a Universidad de León, entre outras institucións que achegaron a súa experiencia e rigor académico.
As xornadas desenvolvéronse nun ambiente de grande interese científico e profesional. Non só permitiron poñer en valor as traxectorias consolidadas e os proxectos de investigación das profesoras e profesores do IPsiUS, senón tamén enriquecer o intercambio académico a través das achegas e reflexións realizadas polos membros dos tribunais. A súa mirada experta contribuíu a xerar un marco de debate de alto nivel, reforzando o papel do instituto como referente no ámbito da psicoloxía.
Estes eventos constituíron, no seu conxunto, unha ocasión de especial relevancia para recoñecer a excelencia investigadora e docente dos nosos compañeiros e para celebrar o progreso colectivo do IPsiUS.