Skip to main content

25N na BUSC

O centro de interese está sitúado na sala de lectura da Biblioteca Xeral
O centro de interese está sitúado na sala de lectura da Biblioteca Xeral
A Biblioteca Xeral elaborou un centro de interese que recolle un conxunto de obras centradas na denuncia da violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo, así como obras en galego de escritoras feministas que visibilizan a loita das mulleres contra o sistema patriarcal.

Con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller o 25 de novembro, a Biblioteca Xeral elaborou un centro de interese que recolle un conxunto de obras centradas na denuncia da violencia que se exerce contra as mulleres en todo o mundo, así como obras en galego de escritoras feministas que visibilizan a loita das mulleres contra o sistema patriarcal. 

Entre as obras que podemos atopar aparecen: Manifesto 25N: trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller, 22 documentos do feminismo galego ou Basta! Guía de autodefensa para adolescentes. Tamén se inclúen obras das autoras Rebeca Solnit, Gloria Steinem e Vanessa Springora con O consentimento.

O centro de interese está sitúado na sala de lectura da Biblioteca Xeral e todos os libros están dispoñibles para levar en préstamo a domicilio.  

 

 

The contents of this page were updated on 11.21.2025.