Xa é posible inscribirse nos Campionatos Galegos Universitarios
En 2026, Lugo será a sede das competicións relativas a deportes colectivos
Os Campionatos Galegos Universitarios xa están en marcha. Dende o web da Área Deportiva da USC pode formalizarse a inscrición para as competicións que terán lugar en 2026 e que no caso dos deportes colectivos terán lugar en Lugo.
O 9 de febreiro remata o prazo para inscribirse nas modalidades de natación e vela. Ambas as competicións serán acollidas na Coruña pola UDC. No caso da orientación, a UVigo será en Pontevedra a institución anfitrioa. Neste caso, tal e como tamén sucede cos deportes colectivos, o prazo de inscrición remata o 22 de febreiro.