ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
• Estudio das manifestacións artísticas máis relevantes da Historia da pintura.
• Aprender a recoñecer as técnicas, lugares e períodos.
• Utilizar a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada, propia das manifestacións artísticas.
• Establecer diferentes niveis de aproximación á obra de arte: desde a divulgación á investigación.
CONTIDOS
• A pintura na prehistoria. A eterna discusión sobre si e ou non arte
• A pintura na época antiga, os restos das grandes culturas e o caso de Roma
• A miniatura e o vitral como arte pictórica na Idade Media
• O Románico dos Frescos, o Gótico do temple...
• A Arte Renacentista o exemplo singular de Italia e Flandes
• A Arte Barroca: o colorido da Escola Veneciana
.
Proporcionarase bibliografía específica para cada un dos apartados. Subindo os materiais ao aula para ser máis accesibles o alumnado
Demostrar curiosidade intelectual e o espírito crítico para a aprendizaxe.
Conciencia e capacidade para reflexionar sobre cuestións éticas e de responsabilidade social co patrimonio.
Capacidade para comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, tanto en modo oral como escrito.
Capacidade para planificar e levar a termo proxectos de aprendizaxe individuais ou en grupo.
Capacidade para consolidar hábitos de traballo individuais e en equipo
Conciencia e capacidade para reflexionar sobre novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia empregaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
- Prácticas de campo (saídas programadas de acordo cos alumnos fora da aula o ideal serían tres as principais coleccións pictóricas galegas: Museo de Belas Artes A Coruña. Museo de Pontevedra e Museo Provincial de Lugo)
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Presencialidade e participación na aula: 50%. Cuestionario da materia 30%
Para acadar a Matricula de Honra ou Sobresaínte será necesario realizar un traballo
Coido que en estas materias non procede o computo de horas posto que todas son expositivas agas as saídas de aula
Coñecemento dos principios e fontes básicas do estudo da Historia da pintura
Capacidade de ler produción científica do ámbito dos estudos sobre pintura ou pintores
APARTADO DE OBSERVACIÓNS DO PROGRAMA:
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Mª Dolores Barral Rivadulla
Coordinador/a- Department
- History of Art
- Area
- History of Art
- Phone
- 881812720
- mdolores.barral [at] usc.es
- Category
- Professor: University Lecturer