Acto de presentación público da nova páxina web da USC

O reitor Antonio López presentará este martes 10, a partir das 11.00 horas, no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (Av. Barcelona, 31, Campus Vida), a nova páxina web da Universidade. O reitor estará acompañado pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e polo vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa.
A nova páxina forma parte dos compromisos adquiridos polo equipo de goberno e supón unha aposta pola renovación na estratexia comunicativa da Universidade a nivel externo e tamén interno. O novo portal actualizará o xeito no que a USC se relaciona coa súa e comunidade e coa contorna social. Esta é a primeira fase dun proxecto máis ambicioso que, tal e como o reitor xa avanzou na última sesión do Claustro universitario, redundará na optimización de determinados procedementos tanto de xestión como de proxección de imaxe institucional da USC.