Skip to main content

Acto de presentación público da nova páxina web da USC

Alumnado consultando a web da USC. Foto: Santi Alvite
Alumnado consultando a web da USC. Foto: Santi Alvite
O reitor dará a coñecer a nova web da Universidade este martes 10, ás 11.00 horas, no CiMUS
Lugo, Santiago de Compostela

O reitor Antonio López presentará este martes 10, a partir das 11.00 horas, no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (Av. Barcelona, 31, Campus Vida), a nova páxina web da Universidade. O reitor estará acompañado pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo,  e polo vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa. 

A nova páxina forma parte dos compromisos adquiridos polo equipo de goberno e supón unha aposta pola renovación na estratexia comunicativa da Universidade a nivel externo e tamén interno. O novo portal actualizará o xeito no que a USC se relaciona coa súa e comunidade e coa contorna social. Esta é a primeira fase dun proxecto máis ambicioso que, tal e como o reitor xa avanzou na última sesión do Claustro universitario, redundará na optimización de determinados procedementos tanto de xestión como de proxección de imaxe institucional da USC. 
 

The contents of this page were updated on 12.09.2019.