Nova acción formativa e de concienciación en seguridade da información

Desenvolvendo o plan aprobado polo Comité de Seguridade da Información, xa está dispoñible na web novo material formativo e de concienciación orientado a propiciar boas prácticas na utilización do equipamento informático no posto de traballo. Así, achéganse recomendacións sobre a pertinencia de bloquear o ordenador na ausencia da persoa que o use habitualmente, a conveniencia de almacenar a información na nube de Microsoft 365 ou nos espazos compartidos en servidores da Universidade en lugar de transportala en memoria USC. A idea principal tras estas novas pezas formativas é chamar a atención sobre a necesidade de manter en privado aquela información susceptible de sixilo.
Este novo material súmase a acción formativas previas sobre ataques ás contas institucionais de correo ou medidas para facer fronte a ataques de suplantación de identidade ou fraude.