Skip to main content

Nova acción formativa e de concienciación en seguridade da información

Seguridade da información e utilización das TIC. Foto: Santi Alvite
Seguridade da información e utilización das TIC. Foto: Santi Alvite
Dando un paso máis no desenvolvemento do plano aprobado polo Comité de Seguridade da Información, xa están dispoñibles novas recomendación e propostas de boas prácticas no uso de equipos informáticos e manexo de datos no posto de traballo

Desenvolvendo o plan aprobado polo Comité de Seguridade da Información, xa está dispoñible na web novo material formativo e de concienciación orientado a propiciar boas prácticas na utilización do equipamento informático no posto de traballo. Así, achéganse recomendacións sobre a pertinencia de bloquear o ordenador na ausencia da persoa que o use habitualmente, a conveniencia de almacenar a información na nube de Microsoft 365 ou nos espazos compartidos en servidores da Universidade en lugar de transportala en memoria USC. A idea principal tras estas novas pezas formativas é chamar a atención sobre a necesidade de manter en privado aquela información susceptible de sixilo.

Este novo material súmase a acción formativas previas sobre ataques ás contas institucionais de correo ou medidas para facer fronte a ataques de suplantación de identidade ou fraude.

The contents of this page were updated on 09.30.2021.