Análise sobre a distribución diamétrica mediante tecnoloxía LiDAR nos bosques de aciñeira do M.U.P. nº11 do termo municipal de Valldemossa (Illas Baleares)
Autoría
P.A.M.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes (2ª ed)

Data da defensa
07.07.2026 10:15
07.07.2026 10:15
Resumo
Este traballo asenta as súas bases nunha aciñeira mediterránea (Quercus ilex subsp. ilex) situada na finca pública de Son Moragues (Mallorca), relicto de monte baixo explotado para a produción de leña ata mediados do século XX. Tras o seu abandono, debido á chegada dos combustibles fósiles e ao éxodo rural, o bosque recuperou o seu porte arbóreo e a súa vitalidade. Porén, a ausencia de xestión silvícola, o esgotamento das cepas, o cambio climático e a incidencia de pragas acabaron por debilitar a masa forestal. Ante esta situación, o estudo formula como obxectivo principal o desenvolvemento de modelos que permitan estimar as distribucións diamétricas destas formacións a partir da información de campo procedente dun inventario forestal da área de estudo e de datos LiDAR de baixa densidade (1 punto/m2), como ferramentas de apoio para unha planificación multifuncional orientada á prevención de incendios, á mellora sanitaria das masas, ao incremento da resiliencia fronte ao cambio climático, ao impulso da rexeneración natural e á produción sostible de leña. A metodoloxía estrutúrase en tres fases. A primeira consiste na caracterización das masas arboradas mediante a elaboración dun mapa de tipoloxías forestais, unha análise da accesibilidade e a delimitación da calidade de estación. A segunda fase céntrase no diagnóstico detallado de 39 parcelas xeorreferenciadas mediante un inventario de campo que permitiu recompilar información dendrométrica e dasométrica, así como no procesamento dos datos LiDAR para a obtención dunha serie de métricas. Finalmente, desenvólvese a modelización dos parámetros de escala e forma da función de densidade de Weibull mediante as metodoloxías de estimación e recuperación de parámetros. Inicialmente avaliáronse modelos de regresión lineal; porén, debido á súa falta de significación estatística, aplicáronse modelos baseados en Random Forest, que presentaron un comportamento máis consistente. O modelo de estimación do parámetro de escala (b) explica o 87,3 % da variabilidade observada, cun erro cuadrático medio relativo do 11,3 %, mentres que o modelo de estimación do parámetro de forma (c) explica o 79,1 % da variabilidade observada, cun erro relativo do 11,08 %, presentando un maior sesgo na predición. Estes resultados permiten establecer unha base sólida para a planificación forestal da aciñeira de Son Moragues.

Dirección
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL (Titoría)

Tribunal
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO (Vogal)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO (Vogal)
Proxecto dun centro de recría de gando vacún para 1400 cabezas en Frades, A Coruña.
Autoría
S.C.R.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
S.C.R.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
07.07.2026 09:30
07.07.2026 09:30
Resumo
Neste proxecto levarase a cabo o desenvolvemento dun centro de recría para vacún de raza frisoa, en concreto para 1400 cabezas, con idades comprendidas entre os 15 días de vida e os 24 meses, cando se atopan en preparto e son levadas ás explotacións de orixe. Desde os 15 días ata os 12 meses de vida estarán aloxadas nunha nave de aceiro con pórticos triarticulados, e desde os 12 aos 24 meses de vida noutra nave coa mesma estrutura, pero son naves diferentes debido ás dimensións das mesmas e a labores de manexo diarios. O proxecto contará con silos de forraxe e esterqueira, xa que desde os 15 días de vida ata os 12 meses estarán en cama quente, e desde os 12-24 meses en cubículos con corredores que serán limpados por robots de limpeza. Por mor disto debemos tamén facer unha fosa de purín con estrutura de formigón acorde ao número de UGM que estarán estabuladas dese xeito. A nave de recría contará tamén cun almacén de maquinaria elaborado en formigón e parte del estará destinado a palleira, para gardar os forraxes secos necesarios para a elaboración de racións. Para a elaboración das mesmas, empregarase un sistema de alimentación robotizada, sendo precisa unha nave máis, elaborada en aceiro. Debido aos altos consumos que se darán nesta explotación, farase tamén un pequeno proxecto de xeración eléctrica con enerxías renovables, pero para non sobrecargar as cubertas das naves con placas solares fotovoltaicas, colocaremos un aeroxerador para reducir ese número de placas solares e así obter mellores resultados nas cimentacións. Os excedentes serán vertidos á rede obtendo unha remuneración polos mesmos.

Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Coordinador)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA DOLORES (Vogal)

Proxecto técnico dunha nave de recría de gando vacún de leite no concello de Ordes, A Coruña.
Autoría
R.G.I.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
R.G.I.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
07.07.2026 10:30
07.07.2026 10:30
Resumo
O presente proxecto ten por obxecto o deseño e dimensionamento dunha nave destinada á recría de xovencas de aptitude leiteira, cunha capacidade máxima para 500 animais, situada no Mesón do Vento (A Coruña). A instalación permitirá ofrecer un servizo especializado de recría ás explotacións leiteiras da contorna, aproveitando a elevada concentración de granxas existentes na zona. A nave proxéctase cunha planta rectangular de 34 x 100 m, complementada cun almacén anexo de 14 x 10 m destinado ao almacenamento de palla, materiais e instalacións auxiliares. Os animais organizaranse en lotes segundo a idade, permanecendo na explotación desde os 2 meses ata aproximadamente os 22 meses de idade, momento no que abandonarán a nave para incorporarse ás explotacións de produción de leite. O sistema de aloxamento combinará parques colectivos de cama quente para os animais máis novos e zonas con cubículos e cornadizas para as xovencas de maior idade. O proxecto inclúe ademais o deseño das instalacións de abastecemento de auga, saneamento, xestión de esterco e puríns, instalación eléctrica e sistema fotovoltaico para autoconsumo enerxético. Os animais estarán estabulados en cama quente colectiva que se renovará semanalmente.

BESTEIRO DOVAL, ROBERTO (Vogal)

Análise comparativa de velocidades de propagación estimadas con diferentes modelos en comunidades de matogueira desarborada de Galicia.
Autoría
L.G.T.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes (2ª ed)
L.G.T.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes (2ª ed)
Data da defensa
19.02.2026 09:45
19.02.2026 09:45
Resumo
Este traballo Fin de Máster consiste na análise de cinco modelos preditivos das velocidades de propagación do lume de superficie para establecer unha comparativa entre as estimacións obtidas, tendo en conta comunidades de matogueira desarborada e características meteorolóxicas típicas de Galicia. Empregáronse tres modelos empíricos: Vega et al (1998), Fernandes (2001) e Anderson et al (2015); un modelo físico, Balbi et al (2020) e un modelo semiempírico, Rothermel (1972). Escolleuse como modelo de referencia para establecer as comparacións o de Vega et al (1998), pois foi elaborado a partir de datos de queimas sobre comunidades de matogueira en Galicia. As ecuacións aplicáronse a unha base de datos histórica (Vega et al, 2022) que inclúe inventarios destrutivos de 673 parcelas establecidas en matogueira desarborada. En canto ás condicións meteorolóxicas, as simulacións fixéronse para situacións características de Galicia: velocidades do vento a 10 metros comprendidas entre 0 e 28 km/h e humidade dos combustibles mortos entre 4 e 20%. Os resultados avaliáronse inicialmente para o conxunto dos cinco modelos preditivos para, posteriormente, avaliar cada modelo por separado, analizando as velocidades de propagación segundo a comunidade de matogueira, o modelo de combustible asignado á parcela, a velocidade do vento a 10 metros e a humidade dos combustibles mortos. Finalmente, comparáronse ditos resultados cos do modelo de referencia, excepto para a humidade dos combustibles mortos, que non figura en dito modelo. En xeral, obsérvanse discrepancias entre as estimacións de todos os modelos. É importante destacar que as discrepancias máis grandes corresponden ao modelo de Rothermel (1972), que é o que se utiliza de forma xeneralizada na actualidade. O modelo de Balbi et al (2020) e especialmente o modelo de Anderson et al (2015) son os que ofrecen as estimacións máis similares ás do modelo de referencia de Vega et al (1998).

RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Titoría)
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL Cotitoría
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Titoría)
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL Cotitoría
Tribunal
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
Análise da concentración de gases de efecto invernadoiro en granxa de gando porcino en fase de cebo
Autoría
S.H.F.D.M.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
S.H.F.D.M.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
03.02.2026 11:00
03.02.2026 11:00
Resumo
O sector porcino intensivo experimentou un crecemento notable nas últimas décadas, xerando retos ambientais e de benestar animal, especialmente durante a fase de cebo, na que hai maior emisión de gases de efecto invernadoiro. A calidade do aire e as condicións microclimáticas inflúen directamente na saúde, no comportamento e no rendemento dos porcos de engorde, polo que é esencial analizar a evolución destas variables ao longo do ciclo produtivo para optimizar a xestión ambiental. O presente traballo ten como obxectivo analizar a evolución diaria das concentracións dos gases de efecto invernadoiro (dióxido de carbono, metano e óxido nitroso) nunha granxa convencional de cebo de gando porcino con ventilación natural, así como a súa relación con outras variables ambientais, que controlan os sistemas de ventilación (temperatura exterior, temperatura interior e humidade relativa) e co nivel de actividade animal, que é un indicativo do benestar animal. O estudo desenvolveuse no período de engorde seleccionándose tres semanas onde se rexistran de maneira continua as variables analizadas. Os resultados mostran unha diminución progresiva da actividade animal, asociada ao aumento do peso e á redución das horas de luz. Inicialmente obsérvanse dous picos diarios de actividade, que evolucionan cara a un único pico ao final do período. O modelo cosenoidal axústase ben ás variables climáticas e á actividade, aínda que non capta pequenas variacións en períodos de baixa actividade. As concentracións de gases presentan patróns similares entre si, con picos diarios nas primeiras semanas e estabilización nas últimas, o que dificulta o axuste do modelo. En conxunto, os resultados destacan a utilidade do seguimento conxunto das variables ambientais e da actividade animal como ferramenta para mellorar a xestión da granxa, contribuíndo á optimización do benestar animal e á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro nas explotacións porcinas.

FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA DOLORES (Titoría)
BESTEIRO DOVAL, ROBERTO Cotitoría
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA DOLORES (Titoría)
BESTEIRO DOVAL, ROBERTO Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Coordinador)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Presidente/a)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Secretario/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Vogal)

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Trazo, Provincia de A Coruña.
Autoría
S.L.G.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
S.L.G.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
O concello de Trazo é un pequeno concello situado no interior da provincia de A Coruña e presenta unha poboación aproximada de 3.000 habitantes. Actualmente, os incendios forestais son un dos problemas máis graves que afectan ó territorio galego ano tras ano. Para un territorio que basea a súa economía no sector forestal, actuar en relación a prevención e defensa contra os incendios forestais é esencial para o desenrolo económico, social e ambiental que demanda a sociedade actual. Co paso dos anos, o abandono do monte e o despoboamento do rural, influíron de forma negativa na ocorrencia de incendios forestais, converténdose nun problema que debe ser tratado de forma urxente. O presente traballo tenta avaliar o risco de incendio forestal no concello de Trazo, así como propoñer unha serie de melloras encamiñadas á prevención e defensa contra os incendios forestais, xa que segundo a Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, correspóndelle aos concellos elaborar e aprobar os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais. Despois de analizar as características, tanto do territorio como dos incendios forestais, proponse unha serie de melloras encamiñadas basicamente en dúas vías principais. Por un lado unha serie de melloras van encamiñadas directamente sobre o territorio, como poden ser a mellora ou acondicionamento das infraestruturas de prevención e defensa contra os incendios forestais, provocando un descenso tanto no número como na superficie afectada polos incendios forestais no concello de Trazo, así como proporcionar un nivel de seguridade adecuado para os medios de extinción. A outra serie de melloras, actividades e iniciativas van encamiñadas á concienciación e a formación da sociedade, co fin de provocar un cambio na mesma que se vexa reflexado na ocorrencia de incendios forestais, favorecendo así un crecemento económico, social e ambiental necesario para un concello rural galego como o concello de Trazo.

MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Secretario/a)
GARCÍA ARIAS, ANA ISABEL (Vogal)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Secretario/a)
GARCÍA ARIAS, ANA ISABEL (Vogal)
Elaboración dun primeiro modelo técnico económico para a produción de castaña en Galicia
Autoría
A.V.L.L.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes (2ª ed)
A.V.L.L.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes (2ª ed)
Data da defensa
04.02.2026 09:00
04.02.2026 09:00
Resumo
Galicia é a principal produtora de castaña a nivel nacional, polo que para avanzar cara a profesionalización do sector é fundamental a optimización e organización do traballo, así como na maximización da marxe económica de dita actividade. Neste sentido, cobra especial relevancia o emprego de ferramentas que faciliten o traballo dos produtores. Unha de estas ferramentas son os modelos técnico económicos, os cales permiten coñecer o conxunto de actividades que conforman o proceso produtivo do ben a producir, así como os custos que implica a execución de ditas actividades. . Para contribuír neste proceso, e á falta dun modelo específico aplicado ás condicións concretas do territorio galego, neste estudo técnico realizouse unha exhaustiva revisión bibliográfica, así como o establecemento en campo dun deseño experimental, co fin de caracterizar e cuantificar tanto os rendementos como os custos das actividades que conforman o proceso produtivo da obtención de castaña para froito. En base a información recopilada na revisión bibliográfica, e en combinación coas medicións efectuadas en campo, creáronse unidades de obra especificas, as cales permiten cuantificar os custos correspondentes a cada etapa, así como a dedicación necesaria dun traballador para levar os traballos a cabo. Coa súa implementación nun modelo técnico económico, logrouse a posibilidade de simular, en base á casuística particular de cada usuario, que actividades debe realizar e coñecer a súa posible produtividade. Polo tanto, este traballo supón un paso máis na optimización do proceso productivo, así como na toma de decisións asociadas a el; como pode ser a elección entre distintas técnicas de traballo, podendo escoller aquela que máis se axeite aos seus requisitos específicos.

López Álvarez, Oscar Cotitoría
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
López Álvarez, Oscar Cotitoría
Tribunal
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ RUIZ, JOEL (Vogal)

Cartografía de plantacións de Populus spp. empregando imaxes Sentinel-2 e Sentinel-1 na conca do río Esla (León)
Autoría
F.M.F.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes (2ª ed)
F.M.F.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes (2ª ed)
Data da defensa
07.07.2026 09:30
07.07.2026 09:30
Resumo
A provincia de León constitúe o principal núcleo de produción de chopo a escala nacional, cunha presenza especialmente relevante nas veigas fluviais da conca do río Esla. A fragmentación parcelaria, as quendas curtas e a sucesión frecuente de cortas e replantacións dificultan dispoñer dunha cartografía precisa e actualizada. Este traballo desenvolve unha metodoloxía reproducible para cartografar plantacións produtivas de Populus spp., analizar a súa dinámica recente e obter unha cartografía de plantacións de chopo en pé en 2024. O fluxo integrou imaxes Sentinel-2 (S2), series Sentinel-1 (S1) VH, cartografía de referencia, datos catastrais e xeográficos auxiliares. Primeiro, xerouse unha cartografía vectorial de plantacións de chopo de 2017 a escala de parcela catastral mediante clasificación supervisada con Random Forest (RF), tras a súa comparación con k-NN, diferenciando plantacións adultas, novas e moi novas. A partir desta base, analizáronse series mensuais S1 VH para identificar cortas entre 2017 e 2024. As parcelas cortadas entre 2017 e 2023 avaliáronse mediante NDVI de S2 e retrodispersión VH para identificar replantacións e asignar rangos de idade. A cartografía de 2017 delimitou 14.572 parcelas e 11.032 ha clasificadas como chopo. A diferenciación chopo/non chopo acadou unha exactitude global (EG) do 92,70 % e un F1-score de 89,35. Na clasificación por fases de desenvolvemento, a clase adulta foi a máis robusta, cunha exactitude do produtor (EP) do 90,67 % e un F1-score de 82,42, mentres que as fases novas concentraron maior incerteza. A detección de cortas acadou unha exactitude do 65,79 % para +- 90 días, condicionada polo desaxuste temporal entre a data de corta rexistrada e a perda de cuberta detectada na serie VH. A cartografía de plantacións de chopo en pé en 2024 incorporou 12.604 parcelas e 8.871 ha, con 4.795 replantacións identificadas.

RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Titoría)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Titoría)
Tribunal
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO (Secretario/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Vogal)

Proxecto de nave de 150 vacas de leite en Lesta (Ordes).
Autoría
E.M.L.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
E.M.L.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
07.07.2026 11:30
07.07.2026 11:30
Resumo
O proxecto realizase coa finalidade de prodir de leite para a venta a industria por parte duncha granxa familiar mediante a instalación de robots de muxido. A Nave localizarase na parroquía de Lesta (Ordes) nunha parcela anexa a granxa propiedade do promotor, contará con 120 animais de raza frisona en producción e 30 vacas secas, configurando un total de 150 cabezas. A nave contará cunhas dimensións de 40x85 m, cunha estructura de formada por pilares, vigas peraltadas, correas e cuberta a duas augas. Realizaranse de xeito completo os cálculos constructivos, diseño e dimensionado da instalación de electricidade, instalación de protección contra incendios, instalación e saneamento e fontanería. Os detalles do proceso produtivo, maquinaria empregada e cálculos pertinentes recolleranse nos anexos á memoria. A totalidade do proxecto foi presupostada en 2.607.364,31€ cunha duración das obras de 54 días.

VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Coordinador)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
BESTEIRO DOVAL, ROBERTO (Vogal)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Coordinador)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
BESTEIRO DOVAL, ROBERTO (Vogal)
Estudo para a elaboración dun modelo técnico económico para explotacións apícolas en Galicia
Autoría
I.M.S.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
I.M.S.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
03.02.2026 12:00
03.02.2026 12:00
Resumo
A apicultura desempeña un papel fundamental, tanto desde o punto de vista ambiental, como social e económico, especialmente nas áreas rurais. En Galicia, esta actividade presenta unha longa tradición histórica e, na actualidade, o sector está conformado na súa maioría por explotacións estantes de pequeno a medio tamaño e cun baixo nivel de profesionalización. Neste traballo desenvólvese un modelo técnico económico de produción apícola orientado á elaboración de mel, co obxectivo de avaliar a viabilidade de proxectos e decisións relacionadas coas prácticas de manexo das explotacións. Este modelo baséase nos procesos produtivos definidos para a xestión de colmeas e no emprego de unidades de obra elaboradas a partir de información actualizada sobre prezos de mercado, obtendo como resultado os custos en función das actividades executadas e o custo unitario por quilogramo de mel producido. Para a súa validación, empregáronse datos obtidos a través dunha enquisa dirixida a apicultores galegos, da que se compilaron un total de 70 respostas válidas, e que permitiron caracterizar a estrutura produtiva das explotacións galegas. Os resultados evidencian que os custos unitarios están fortemente condicionados pola produtividade por colmea, xa que a maior parte dos traballos en apiario contabilízanse por número de colmeas. Obsérvase, ademais, que a posta en marcha das explotacións de maior tamaño ten lugar de xeito progresivo, non se recollen explotacións profesionais de recente creación, debido á elevada inversión inicial asociada á adquisición de material vivo. Este estudo achega unha ferramenta útil para cuantificar os custos de manexo asociados á produción de mel en relación á realidade produtiva de Galicia.
A apicultura desempeña un papel fundamental, tanto desde o punto de vista ambiental, como social e económico, especialmente nas áreas rurais. En Galicia, esta actividade presenta unha longa tradición histórica e, na actualidade, o sector está conformado na súa maioría por explotacións estantes de pequeno a medio tamaño e cun baixo nivel de profesionalización. Neste traballo desenvólvese un modelo técnico económico de produción apícola orientado á elaboración de mel, co obxectivo de avaliar a viabilidade de proxectos e decisións relacionadas coas prácticas de manexo das explotacións. Este modelo baséase nos procesos produtivos definidos para a xestión de colmeas e no emprego de unidades de obra elaboradas a partir de información actualizada sobre prezos de mercado, obtendo como resultado os custos en función das actividades executadas e o custo unitario por quilogramo de mel producido. Para a súa validación, empregáronse datos obtidos a través dunha enquisa dirixida a apicultores galegos, da que se compilaron un total de 70 respostas válidas, e que permitiron caracterizar a estrutura produtiva das explotacións galegas. Os resultados evidencian que os custos unitarios están fortemente condicionados pola produtividade por colmea, xa que a maior parte dos traballos en apiario contabilízanse por número de colmeas. Obsérvase, ademais, que a posta en marcha das explotacións de maior tamaño ten lugar de xeito progresivo, non se recollen explotacións profesionais de recente creación, debido á elevada inversión inicial asociada á adquisición de material vivo. Este estudo achega unha ferramenta útil para cuantificar os custos de manexo asociados á produción de mel en relación á realidade produtiva de Galicia.
Dirección
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
López Álvarez, Oscar Cotitoría
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
López Álvarez, Oscar Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Coordinador)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Presidente/a)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN (Secretario/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Vogal)

Estudo de alternativas metodolóxicas para a determinación de liñas base de carbono para proxectos de xestión forestal mellorada en base a Proxectos de Ordenación de Montes.
Autoría
A.M.G.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
A.M.G.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
Data da defensa
04.02.2026 11:15
04.02.2026 11:15
Resumo
Os mercados de carbono baséanse na compensación de emisións de gases de efecto invernadoiro mediante proxectos que logran un secuestro neto de carbono ou reducen emisións respecto a un escenario sen proxecto. Historicamente, estas iniciativas centráronse na reforestación de áreas previamente deforestadas. Despois da Conferencia das Partes de Bali, o enfoque ampliouse cara proxectos de xestión forestal mellorada (IFM), orientados a reducir emisións netas ou aumentar a captura de carbono en masas forestais existentes. Posteriormente, tras a Conferencia de París, os IFM pódense desenvolver en países do Anexo II do Protocolo de Kioto, incrementando a necesidade de ter ferramentas adecuadas para a súa correcta implementación. Neste marco, os Proxectos de Ordenación de Montes (POM) son fundamentais, pois reflexan a xestión forestal a longo prazo e poden permitir establecer a liña base de carbono (LBC). O obxectivo deste traballo foi identificar os contidos mínimos que deben incluír os POM para establecer dita LBC e asegurar a adicionalidade na captura de carbono. Para isto, empregáronse os POM de seis Montes Veciñais en Man Común (MVMC) situados na provincia da Coruña e nos cales se realizou unha análise técnica. Os resultados mostraron que a LBC non se puido establecer a escala rodal, sendo preciso facela a nivel monte debido á carencia de datos de inventario e do índice de sitio. A LBC estimouse de acordo co modelo silvícola PP2 e coa biomasa arbórea aérea total estimada para cada MVMC. A partir de isto propúxose atrasar as claras e a quenda de corta para aumentar a adicionalidade, obtendo resultados positivos. Finalmente, concluíuse que unha xestión forestal adecuada debe considerar a rotación óptima segundo a produtividade do sitio e maximizar a vida útil dos produtos madeireiros para optimizar simultaneamente a produción forestal e a absorción de carbono.

ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Titoría)
RODRIGUEZ RUIZ, JOEL Cotitoría
ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Titoría)
RODRIGUEZ RUIZ, JOEL Cotitoría
Tribunal
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Secretario/a)
BARREIRO BUJÁN, ANA ISABEL (Vogal)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Secretario/a)
BARREIRO BUJÁN, ANA ISABEL (Vogal)
Influenza da cuberta vexetal nas propiedades do solo: química do Al e actividade microbiana
Autoría
A.O.C.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
A.O.C.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
Data da defensa
04.02.2026 10:30
04.02.2026 10:30
Resumo
No occidente de Asturias, o val e as serras da conca do río Navia, constitúen unha zona de marcada ruralidad, onde a poboación activa está estreitamente vinculada ao sector primario. Nesta área son frecuentes as paisaxes en mosaico, conformadas principalmente por coberturas forestais (bosque, matogueiras, e plantacións forestais), e zonas agrícolas, sobre todo prados. No presente TFM, analízanse as características de distintos solos da zona de estudo baixo distintas cubertas vexetais: prado, matogueira, robledal, piñeiro silvestre e piñeiro radiata, desenvoltos sobre lousa. O obxectivo é coñecer a influencia das distintas cubertas vexetais e da súa xestión en diferentes parámetros do solo. Para iso, realízanse as análises xerais dos solos, fraccionamento do Al en fase sólida, determinándose tamén o Al e a materia orgánica en disolución e parámetros biolóxicos vinculados coa actividade microbiana. Os solos analizados son acedos (pH por baixo de 5), ricos en Al, con alto contido de materia orgánica (maior 7%) e de baixa fertilidade. A homoxeneidade destes parámetros entre os distintos solos podería explicar as escasas diferenzas significativas obtidas na maioría dos parámetros. Unicamente os solos de prado presentan valores significativamente máis altos de Ca, CICe e P dispoñible xunto con menores contidos de Al cambiable e menor saturación de Al, o que se atribúe á aplicación de cal granulada cada 5 anos. En todos os casos, o aluminio está maioritariamente ligado á materia orgánica (Alp), predominando os complexos de forte estabilidade (Alpcu). En conxunto, os resultados indican unha ausencia de relación significativa entre as distintas cubertas vexetais estudadas e as propiedades físicoquímicas e biolóxicas dos chans que as sustentan.

FERNANDEZ SANJURJO, MARIA JOSEFA Cotitoría
BARREIRO BUJÁN, ANA ISABEL Cotitoría
ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Titoría)
FERNANDEZ SANJURJO, MARIA JOSEFA Cotitoría
BARREIRO BUJÁN, ANA ISABEL Cotitoría
Tribunal
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
RODRIGUEZ RUIZ, JOEL (Secretario/a)
CARRAL VILARIÑO, EMILIO V. (Vogal)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
RODRIGUEZ RUIZ, JOEL (Secretario/a)
CARRAL VILARIÑO, EMILIO V. (Vogal)
Análise das propiedades físicas de madeira madura de eucalyptus globulus labill. E a súa influencia na maduración de caldos mediante o uso de diferentes estelas
Autoría
H.R.R.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
H.R.R.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
Data da defensa
04.02.2026 09:45
04.02.2026 09:45
Resumo
A presenza de Eucalyptus globulus Labill. no noroeste peninsular constitúe unha realidade forestal de innegable relevancia socioeconómica. Non obstante, a xestión destas masas xera un gran volume de madeira madura que, debido á súa duraminización, atopa limitacións para a súa integración na industria da celulosa. Isto provoca unha valorización deficiente da materia prima, o que expón o desafío urxente de explorar novos nichos de mercado que acheguen un alto valor engadido. A presente investigación determina a aptitude tecnolóxica e enolóxica de Eucalyptus globulus Labill. maduro. A metodoloxía experimental abordou dúas liñas de traballo complementarias, a caracterización física de 335 probetas baixo normativa UNE e a avaliación da cinética de interacción da madeira co viño mediante un ensaio de contacto con diferentes formatos de chips durante 90 días. Os resultados da caracterización física definen unha madeira de alta densidade, cun valor medio de 0,65 g/cm3 (ascendendo a 0,79 g/cm3 ao 12% de humidade). Asemade, rexistrouse unha contracción volumétrica media do 17,75% e un coeficiente de nerviosismo de 1,66, parámetros que, condicionan o seu uso en tonelería tradicional por esixencias de secado. No eido químico, a interacción coa madeira induciu unha profunda transformación da matriz do viño. Tras 90 días, os tratamentos cunha dose máis elevada (estelas 10 g/L) incrementaron o Índice de Polifenois Totais e a Intensidade Colorante nun 54% e 56% fronte ao viño control, consumindo significativamente SO2 libre e confirmando unha cinética de extracción rápida e potente. Este estudo conclúe que o Eucalyptus globulus Labill. maduro, considerado un subproduto, representa unha alternativa posible para o envellecemento de viños. Os datos obtidos avalan a súa viabilidade técnica, ofrecéndolle ao sector vinícola unha oportunidade para diversificar os seus aproveitamentos cara a mercados innovadores.

DIAZ-MAROTO HIDALGO, IGNACIO JAVIER (Titoría)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA Cotitoría
DIAZ-MAROTO HIDALGO, IGNACIO JAVIER (Titoría)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA Cotitoría
Tribunal
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
GUAITA FERNANDEZ, MANUEL (Vogal)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Coordinador)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
GUAITA FERNANDEZ, MANUEL (Vogal)
análise técnico-económica das explotacións de razas de gando bovino autóctono de galicia en perigo de extinción na provincia de ourense
Autoría
Á.F.R.R.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Á.F.R.R.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
07.07.2026 12:30
07.07.2026 12:30
Resumo
Este traballo ten por obxecto a análise das explotacións da provincia de Ourense das cinco razas bovinas autóctonas de Galicia en perigo de extinción, unhas razas que se caracterizaban dunha triple aptitude: forza motriz, carne e leite. No ano 1975, iniciase no Centro de Fontefiz un programa de mellora das razas Morenas do Noroeste, que englobaba ás razas recoñecidas a nivel oficial como orixinarias de Galicia, Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, e a dúas de Castela-León, Sayaguesa e Alistano-Sanabresa. Analizouse a evolución dos censos de cada raza para avaliar a súa situación actual, tendo en conta os criterios da FAO para poder clasificar os riscos dunha raza, e relacionouse o mantemento destas razas de bovino coa conservación do medio ambiente. Describense os programas de conservación das razas autóctonas, e fixose unha caracterización poboacional e a evolución dos censos de cada raza. Descríbese a situación xeral do sector de vacún de carne en Galicia, e caracterízanse das explotacións que teñen razas bovinas en perigo de extinción na provincia de Ourense, tendo en conta a idade da persoa titular da explotación, o número de explotacións polo tamaño do rabaño e polas axudas económicas que reciben A análise do grao de ameaza nas explotacións estudadas fíxose mediante o estudo da taxa de reposición das 75 explotacións das razas autóctonas en perigo de extinción estudadas, e relacionando o grao de ameaza có tamaño dos rabaños.

GARCÍA ARIAS, ANA ISABEL (Titoría)
GARCÍA ARIAS, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Coordinador)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Secretario/a)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Vogal)