Reducar a mirada: Alfabetización visual crítica na era da intelixencia artificial
Autoría
A.B.R.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento

Data da defensa
07.07.2025 09:30
07.07.2025 09:30
Resumo
É evidente que a democratización das ferramentas dixitais transformou radicalmente o proceso de creación, distribución e consumo das imaxes, converténdoas nunha linguaxe propia que conseguiu redefinir a percepción da realidade. Este novo paradigma expón importantes desafíos críticos, xa que o incremento das imaxes manipuladas provoca unha profunda erosión da confianza visual. Ante esta realidade, xorde a necesidade urxente dunha alfabetización visual sólida que permita distinguir con eficacia entre o real e o artificial desde unha perspectiva crítica e reflexiva. A alfabetización visual, entendida como a capacidade de interpretar e producir imaxes de maneira crítica, leva desenvolvéndose desde os anos 60, incorporando progresivamente capas éticas, sociais e culturais cada vez máis complexas. Esta evolución sufriu unha forte aceleración coa chegada da intelixencia artificial xerativa, que difumina os límites entre o real e o simulado, cuestionando a veracidade fronte á verosimilitude. Nesta investigación, seguindo unha metodoloxía baseada na revisión sistemática da literatura, analízase o papel da accesibilidade tecnolóxica como axente clave na reconfiguración do proceso de produción e interpretación das imaxes. Así mesmo, proponse a necesidade dunha reeducación da mirada que implique unha relación crítica, ética e consciente co contido visual nunha sociedade saturada de estímulos audiovisuais. Esta reeducación será fundamental para garantir a credibilidade dos medios e sistemas de comunicación fronte á manipulación crecente, sen esquecer a importancia de establecer marcos normativos e éticos acordes cos retos actuais. Afrontar os desafíos da intelixencia artificial visual require protexer os valores fundamentais dunha comunicación verdadeira e transparente.

Dirección
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Titoría)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
Máis alá da velocidade: descubrindo o papel e a importancia dos datos nas retransmisións televisivas e na cobertura xornalística da Fórmula 1.
Autoría
R.B.R.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
R.B.R.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo de fin de máster analiza o papel e a importancia dos datos nas retransmisións televisivas e a cobertura xornalística da Fórmula 1, a principal competición automobilística e a serie deportiva anual máis seguida do mundo. A través dunha metodoloxía mixta, que combina entrevistas en profundidade a seis xornalistas especializados e unha análise de contido audiovisual, o estudo compara a súa presenza e función en distintos soportes -televisión, radio, prensa escrita e medios dixitais- e explora a evolución histórica da súa representación nas emisións televisivas. Os resultados evidencian que a crecente tecnificación da categoría propiciou un uso cada vez máis intensivo dos datos na cobertura xornalística, con especial protagonismo na prensa escrita, os medios dixitais e a televisión. Así mesmo, constátase un incremento sostido na presenza de datos nas retransmisións televisivas durante as dúas últimas décadas, cunha intensificación notable nos últimos dez anos. A análise tamén revela cambios no uso dos datos segundo a súa duración, momento de aparición na carreira, enfoque narrativo ou función explicativa, así como elementos que permaneceron estables ao longo do período estudado. ..............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Tribunal
Silva Rodríguez, Alba (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)

A estratexia de comunicación da cultura tradicional chinesa sobre TIK TOK
Autoría
Y.L.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Y.L.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
13.02.2025 10:00
13.02.2025 10:00
Resumo
este estudo toma como obxeto de investigación a plataforma TikTok para analizar as súa estratexias e o impacto que ten na difusión da cultura tradicional china. a través dunha análise exhaustiva de casos e contados, examínanse as formas de creación de vídeos, a participación activa dos usuarios e os efectos de difusión que os vídeos relacionados coa cultura tradicional logran nesta plataforma. Este estudo destaca que uhna das principias características dos vídeos curtos é a rapidez coa que captan a atención do espectador e o sea formato visualmente atractivo. cando estas vantaxes se combinan co mecanismo de recomendación algorítmica de TikTok, facilítase de maneira efectiva a globalización da cultura tradicional china. este fenómeno permite que uhna ampla variedade de contidos relacionados con tradicións e costumes chinesas sexan accesibles para audiencias internacionales, incrementando a visibilidad e a apreciación global pola cultura china. a pesar destes logros, o estudo identifica retos no proceso de difusión, un dos problemas máis importantes é a simplificación excesiva do contido. pola natureza dos vídeos curtos, os creadores vén obrigados a presentar conceptos complexos de maneira rápida, e ás veces, superficial.Isto pode derivar nunca representación parcial ou inexacta das tradicións. ademais, as diferenzas culturais entre creadores e audiencias internacionais poden xerar malentendidos, especialmente cando falta contexto ou explicacións axeitadas sobre as tradicións presentadas. isto pode levar a interpretacións erróneas ou a reforzar estereotipos que afectan a percepción global da cultura china.

Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
Silva Rodríguez, Alba (Secretario/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Vogal)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
Silva Rodríguez, Alba (Secretario/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Vogal)
Por que está disposta a pagar a audiencia? Unha análise da relación entre a percepción de valor e os modelos de financiación en medios dixitais
Autoría
A.L.S.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
A.L.S.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A seguinte investigación ten como obxectivo analizar as actitudes, percepcións e comportamentos da audiencia respecto ao pago por contidos informativos dixitais, atendendo ás variacións segundo o perfil de usuario, o tipo de contido ou o modelo de financiamento dos medios, así como as súas estratexias de fidelización e xeración de valor engadido para o lector. Ao mesmo tempo, búscase entender como os diferentes modelos de financiamento afectan a cuestións como a credibilidade dos medios de comunicación e a percepción da independencia editorial. Para iso, levouse a cabo unha investigación de tipo mixto empregando a enquisa como técnica cuantitativa e o grupo focal para a súa complementación cualitativa. A mostra da enquisa baseouse en 101 respostas de persoas maiores de 18 anos residentes na xeografía galega, tratando de recoller unha visión diversa e representativa do consumo informativo. Ademais, o grupo focal pretendía centrar a súa atención na percepción do público novo consumidor de medios de comunicación. Os resultados da análise evidencian, entre outras cuestións, unha confianza maioritaria cara aos modelos de subscrición e unha desconfianza crecente cara ás subvencións públicas, entendidas como unha forma de control político que pode condicionar a autonomía dos contidos. Tamén se observa que as vantaxes premium non son un dos factores que máis inflúen na decisión de pagamento e que cuestións máis abstractas, como o prestixio ou a traxectoria profesional do medio, xogan un papel importante, aínda que non resulta concluínte a relación entre o formato impreso e o prestixio percibido.

Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Tribunal
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
Ruada Gastronómica: Espazo web para a promoción e fortalecemento da gastronomía tradicional galega arredor da celebración
Autoría
S.P.T.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
S.P.T.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
13.02.2025 11:00
13.02.2025 11:00
Resumo
Ruada Gastronómica nace como un proxecto de difusión da gastronomía galega co que se pretende achegar a cultura gastronómica galega á mocidade de Galicia. Para isto crearonse contidos informativos e de entretemento cos que tratar diversos aspectos da gastronomía galega como receitas tradicionais, establecementos de restauración ou eventos gastronómicos, entre outros. Este proxecto está composto por un espazo web, no que se profundiza en todos os temas tratados, e unha conta de Instagram, na que se presentan microcontidos cos que acadar a atención do noso público obxectivo e invitar á participación, dado que a esencia deste proxecto é a colaboración, aprender e compartir de gastronomía nun entorno amigable. O principal obxectivo a acadar con este proxecto é promover e fortalecer a gastronomía e a cultural culinaria galega entre a xente nova, impulsando así a interxeneración do saber gastronómico. Para conseguir este gran obxectivo, antes propoñémonos unha serie de pasos a acadar: - Fomentar un punto de encontro interxeracional a través de receitas, recopilando e compartiendo as receitas que nos ensinaron os noso maiores. - Elaborar unha canle de información sobre gastronomía galega a través da que o conxunto da cidadanía poida estar ao día dos eventos gastronómicos de Galicia. Promover o talento culinario e a cociña moderna orixinaria da tradicción culinaria. - Achegar á xente nova á tradición e a historia que rodea á gastronomía galega. Todo isto pretendese facer de xeito ameno, amigable e de forma colaborativa a través dunha linguaxe multimedia coa que crear contidos atractivos e de fácil consumo para o noso público obxectivo.

Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Silva Rodríguez, Alba (Vogal)
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Silva Rodríguez, Alba (Vogal)
Nàstic-Málaga: Acariñando a gloria
Autoría
R.R.M.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
R.R.M.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
Neste traballo preséntase Nàstic-Málaga: Acariñando a gloria, unha reportaxe multimedia que narra en profundidade e con emotividade a final da fase de ascenso a Segunda División perdida polo Club Gimnàstic de Tarragona no último suspiro, concretamente no tempo engadido da prórroga. Esta derrota, dolorosa e inesperada para os afeccionados tarraconenses, marca un punto de inflexión na tempada 2023/24 do equipo e serve como eixo narrativo dunha historia que vai máis aló do simple resultado deportivo. A reportaxe preséntase a través dunha páxina web deseñada para ofrecer unha experiencia interactiva e envolvente. Ao longo desta, explícanse outros feitos similares que sucederon en tempadas anteriores, resaltando a tendencia histórica de oportunidades perdidas, o que outorga unha dimensión máis ampla e contextual ao desenlace da campaña. Tamén, resúmese con detalle a fase regular do Nàstic durante a tempada 2023/24, con especial énfase nos momentos decisivos que permitiron ao equipo alcanzar os playoffs. A narrativa céntrase particularmente nos catro partidos disputados nesta fase de ascenso, culminando na emotiva final contra o Málaga Cf. A historia cóntase desde unha perspectiva emocional e persoal, recollendo os testemuños e sensacións tanto dos afeccionados do Nàstic como de xornalistas locais. A reportaxe combina elementos multimedia como fotografías, vídeos e hipertextos, xunto a xéneros xornalísticos como a crónica, a reportaxe clásica e a entrevista en profundidade, para achegar unha visión completa e próxima ao usuario. Así mesmo, incorpora recursos literarios, como o uso da narrativa emocional, que enriquecen o relato e conectan co lector de maneira máis íntima, ofrecendo así unha experiencia inmersiva, conmovedora e reflexiva sobre a paixón, o sentimento de pertenza e o sufrimento no fútbol.

Fai a túa comunicación: vías alternativas de información e a súa adaptación á era dixital.
Autoría
D.V.C.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
D.V.C.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
Desde os primeiros pasos e experimentos dos medios comunicativos modernos no século XX, houbo un afán tanto comunitario como didáctico detrás do funcionamento destas plataformas. A medida que estes medios se profesionalizan, as canles de comunicación que mantiveron ese papel comunitario continuaron operando fóra dos campos da información comercial, adoptando o papel de emisoras informativas alternativas. Dedicados a compartir información desde todos os ámbitos posibles, os medios alternativos comezaron a difundir contidos fóra do radio comercial ocupado polos grandes conglomerados informativos. As emisoras e editoriais alternativas dedicábanse a compartir unha nova cara da información dun xeito precario, ás veces rozando a cuestión legal. Durante o século XX, estes medios loitaron contra unha multitude de adversidades, pero coa chegada de Internet, a súa natureza cambiou radicalmente. Con esta nova forma de comunicación que a aplicación de Internet supuxo para os medios tradicionais, as canles alternativas experimentaron novas formas de traballar, manterse e chegar a novos recunchos do mundo, creando novas comunidades. Neste traballo realizouse unha comparación de estudos de caso para ver como evolucionaron estes medios alternativos ao longo da súa existencia e, a continuación, analizar os seus cambios coa introdución de Internet como elemento esencial en todas as áreas funcionais destes medios informativos. A través deste estudo de caso, resólvense obxectivos e hipóteses baseándose nun marco teórico para comprender a historia destes medios e poder analizar a súa evolución, o seu presente e o seu probable futuro.

SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
Tribunal
Silva Rodríguez, Alba (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Silva Rodríguez, Alba (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
lowpro. Magazine: Revista para Instagram sobre música e cultura urbana
Autoría
H.V.B.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
H.V.B.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 09:30
07.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster de produto presenta lowpro. Magazine, un proxecto de revista dixital dirixida a Instagram sobre música e cultura urbana contemporánea. A finalidade deste medio é dar visibilidade, desde unha perspectiva de respecto e coñecemento, a todos aqueles perfís creativos que, a pesar non recibir a atención necesaria en portadas nin titulares doutros medios, o seu traballo resulta esencial no desenvolvemento do panorama cultural urbano. Estes son: produtores, DJs, deseñadores, fotógrafos, promotores, colectivos ou clubs. Do mesmo xeito, lowpro. Magazine propón unha lectura crítica e contextualizada dos movementos culturais urbanos, co obxectivo de comprender a súa influencia directa na cultura pop e nas escenas creativas actuais. O presente documento recolle todas as fases do desenvolvemento do proxecto, desde a súa conceptualización e planificación estratéxica ata a súa execución, avaliación e análise de viabilidade futura. A metodoloxía aplicada baséase nun enfoque de xestión por etapas específicas e na posta en marcha do medio, facendo uso de ferramentas do ámbito da comunicación e creación dixital, realizando a produción e publicación de tres formatos clave en tres liñas diferenciadas: entrevistas a figuras relevantes do panorama urbano, vídeos divulgativos en formato reel e recomendacións de lanzamentos musicais recentes. Desde o lanzamento oficial da conta @lowpro.magazine o 3 de marzo de 2025, compartíronse un total de trece publicacións que lograron alcanzar preto de 19.000 contas únicas e superar as 50.000 visualizacións acumuladas en total. Estas cifras permitiron validar o interese da comunidade e, ademais, recoller interaccións orgánicas con perfís verificados e creativos clave da escena urbana, fortalecendo o seu posicionamento como medio emerxente e con criterio propio. Este proxecto demostra o potencial real dun medio independente, construído a partir dunha proposta editorial coidada, unha identidade visual coherente e unha narrativa cultural comprometida. Gracias á súa misión vinculada coa cultura e á súa traballada proposta gráfica, lowpro. Magazine non só aspira a consolidarse como un espazo de referencia no ecosistema dixital, senón tamén a propoñer novas formas de comunicar o urbano dende o rigor, a sensibilidade e cunha perspectiva de futuro.