Evaluación do impacto da automatización de procesos administrativos con intelixencia artificial e outras ferramentas na eficiencia das Administracións Públicas: unha revisión sistemática seguindo o protocolo PRISMA 2020.
Autoría
E.A.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración

Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Neste traballo preténdese analizar a incorporación de sistemas baseados en intelixencia artificial (IA) nos procedementos administrativos das Administracións Públicas e os efectos que esta transformación ten sobre a eficiencia administrativa, a seguridade xurídica e os dereitos fundamentais. Para iso, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura académica e normativa publicada entre 2020 e 2025, seguindo os criterios PRISMA. O estudo identifica vantaxes como a automatización de tarefas rutineiras, a dispoñibilidade permanente dos servizos e a mellora na asignación dos recursos humanos. Con todo, tamén se detectan riscos relevantes en termos de opacidade algorítmica, introdución de sesgos, perda de trazabilidade e deshumanización da atención cidadá. As propostas recollidas na literatura inclúen medidas como auditorías algorítmicas, motivación comprensible dos actos automatizados, supervisión humana e reserva de humanidade. Conclúese que é necesario avanzar cara a unha gobernanza algorítmica baseada na responsabilidade, a transparencia e o respecto polos dereitos fundamentais.

Dirección
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titoría)

Tribunal
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titor do alumno)

O desastre da DANA como Ferramenta de Desinformación e Polarización
Autoría
C.B.A.
Grao en Ciencia Política e da Administración
C.B.A.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Esta investigación examina como cinco medios de comunicación dixitais cubriron a DANA ocorrida en outubro de 2024 na Comunidade Valenciana a través das súas publicacións en Twitter. Mediante unha metodoloxía mixta, que combina análise cualitativa con codificación temática en ATLAS.ti e análise emocional cuantitativa co lexicon NRC, explórase en que medida os discursos difundidos puideron activar dinámicas de desinformación, polarización afectiva e mobilización emocional. O estudo céntrase na identificación de patróns narrativos, marcos ideolóxicos e recursos emocionais presentes na cobertura, co fin de comprender como se articulou a representación do acontecemento no ámbito dixital mediático

JARAIZ GULIAS, ERIKA (Titoría)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Titoría)
Tribunal
CAINZOS LOPEZ, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
ARES CASTRO-CONDE, CRISTINA (Secretario/a)
DE ARTAZA MONTERO, MANUEL MARIA (Vogal)

O informante no Dereito Administrativo: contexto sociopolítico, regulación e proxección sectorial.
Autoría
S.B.V.
Grao en Ciencia Política e da Administración
S.B.V.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten por finalidade examinar a figura do informante tanto no panorama xurídico como no sociopolítico, debido á crecente relevancia que adquire a figura estudada nos sistemas políticos democráticos, onde se erixe como unha mecanismo crucial para salvagardar a participación cidadá, o interese xeral e a xustiza, así como para garantir a transparencia, a rendición de contas e a detección de irregularidades, tanto no ámbito público como no privado. Desta maneira, a arquitectura deste traballo de investigación correspóndese cun repaso bibliográfico de diferentes fontes lexislativas, académicas e institucionais a través das cales se profunda nos seguintes aspectos: contexto sociopolítico que dá sentido á actuación dos informantes, o amparo lexislativo que posúen estas persoas na Unión Europea e España, e unha comparación con figuras similares pero distintas. Así mesmo, tamén é analizado o impacto do carácter sectorial do dereito no informante, prestando especial atención aos ámbitos económico (branqueo de capitais), ambiental e de igualdade. Doutra banda, o traballo tamén busca xerar unha reflexión final acerca de que implica ser un bo cidadán nos termos de natureza xurídica e politológica manexados. En síntese, este TFG ofrece unha visión actualizada e contextualizada do informante nos sistemas democráticos, sendo o seu obxectivo resaltar a importancia desta figura nas cuestións anteriormente expostas (a loita contra a corrupción, a procura de transparencia, a rendición de contas, a participación cidadá e o correcto funcionamento da Administración Pública), fortalecendo a confianza da sociedade civil nas súas institucións e as nocións de boa administración, bo goberno, democracia e xustiza. Palabras chave: Informante, democracia, boa administración, bo goberno, goberno aberto, cidadán, administrado, rendición de contas, participación cidadá, responsabilidade, delator, branqueo de capitais.

CARBALLEIRA RIVERA, MARIA TERESA (Titoría)
CARBALLEIRA RIVERA, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
CARBALLEIRA RIVERA, MARIA TERESA (Titor do alumno)

Acceso e uso ao servizo nacional de saúde por parte da poboación inmigrante
Autoría
M.G.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
M.G.G.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
O presente traballo analiza o acceso e uso do Sistema Nacional de Saúde (SNS) por parte da poboación inmigrante en España, un tema de crecente importancia debido á transformación de España nun país de inmigración nas últimas décadas. O obxectivo principal deste estudo é observar a situación actual dos inmigrantes en España en relación co acceso á sanidade. As preguntas de investigación inclúen as condicións laborais dos inmigrantes, as barreiras idiomáticas e culturais, a percepción da saúde, as diferenzas no uso da atención primaria e especializada, e a situación en Galicia. Empregouse unha metodoloxía mixta, combinando a análise de datos cuantitativos sobre a evolución da inmigración e o acceso á sanidade, cun estudo cualitativo baseado en entrevistas a profesionais sanitarios e inmigrantes para explorar en profundidade as súas experiencias e perspectivas. Os resultados revelan que, aínda que España avanzou na universalización da asistencia sanitaria, persisten importantes barreiras que dificultan o acceso equitativo da poboación inmigrante. Conclúese que é necesario abordar as barreiras de acceso ao sistema sanitario para garantir unha atención equitativa á poboación inmigrante.

LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
Tribunal
CAINZOS LOPEZ, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
ARES CASTRO-CONDE, CRISTINA (Secretario/a)
DE ARTAZA MONTERO, MANUEL MARIA (Vogal)
CAINZOS LOPEZ, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
ARES CASTRO-CONDE, CRISTINA (Secretario/a)
DE ARTAZA MONTERO, MANUEL MARIA (Vogal)
Cámaras de eco en Twitter e a súa relación co auxe dos populismos de dereita radical
Autoría
S.R.L.
Grao en Ciencia Política e da Administración
S.R.L.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza como Twitter contribúe á difusión do discurso populista de dereita radical mediante a formación de cámaras de eco. A través dun enfoque ideacional do populismo e unha análise cualitativa de chíos publicados por actores non institucionais, identifícanse recursos discursivos como a apelación emocional, a polarización e a demonización do “outro”. O estudo pon de manifesto o papel central das redes sociais na expansión e normalización do discurso da extrema dereita. Os resultados confirman que Twitter favorece a creación de comunidades ideoloxicamente homoxéneas, o que reforza a polarización política e debilita o debate democrático.